Android/gl

From The Document Foundation Wiki
Jump to: navigation, search
Esta páxina está dedicada á suite LibreOffice para ser executada en Android. Se vostede é un/ha desenvolvedor/a, pode atopar información máis detallada sobre este proceso en: Development/BuildingForAndroid

Na actualidade estamos a desenvolver dous produtos na plataforma Android:

Probas

A compatibilidade do LibreOffice con Android está en BETA e é untraballo en progreso. Estamos a buscar persoas interesadas en probar as ferramentas que están aínda sen pulir.

Requisitos do sistema

Executar o LibreOffice en Android require

  • Android 4.0 ou superior
  • Descargar un APK de 50MB
  • Espazo libre para a instalación do aplicativo

Probas dos requisitos do sistema

Probas con CyanogenMOD + Android 4.4.4
APK 48 MB
App instalado 81 MB
Almacenamento do aplicativo en USB 129 MB
Datos 11 MB
Almacenamento de datos en USB 0 MB
TOTAL 221 MB

Calidade

Comunicación de fallos

Ao tratarse dun produto en beta, agardamos poder traballar nos informes de fallos segundo nos vaian chegando.

Comunicación de fallos: Elemental

Siga, por favor, as directrices que se describen en QA/BugReport para facilitarnos a reprodución dos problemas e lograr que os/as desenvolvedores/as se poñan a solucionalos o antes posíbel.

Comunicación de fallos: Avanzado

Incluír o número da versión axuda un mundo. Tentar copiar os números da versión do Android ou empregar un navegador en Android é difícil nalgúns teléfonos. Por iso, se emprega unha construción diaria, velaquí como obter a información completa sobre a versión:

  • Atope o ficheiro build_info da súa construción diaria, por exemplo:
 http://dev-builds.libreoffice.org/daily/master/Android-ARM@24-Bytemark-Hosting/2015-01-22_01.45.51/master~2015-01-22_01.45.51_build_info.txt
  • Obteña a información de version/build date/sha1 na parte superior do ficheiro de texto, por exemplo.
tinderbox: buildname: Android-ARM@24-Bytemark-Hosting
tinderbox: tree: MASTER
tinderbox: pull time 2015-01-22 01:45:51
tinderbox: git sha1s
core:9ea6793a5b765aefc1a8e82c06f225305dd9c14f

Problemas coñecidos

Xa temos recibidos algúns informes de erros:

Construcións

Para o seu uso en produción

  • Axiña!

Construcións Beta

As construcións Beta están preparadas para seren probadas!

En 2014-01-27 constrúense a partir da tiled-editing branch:

Construcións diarias

As construcións para probas están dispoñíbeis no mesmo directorio que as construcións diarias para outras plataformas:

(Nota: constrúese a partir da ponla principal, que pode ir atrasada até unha semana con relació na tiled-editing):

Para empregar unha construción diaria en Android 5 (as instrucións poden variar lixeiramente para outras versións de Android):

  1. Navegue até o URL de arriba no navegador do dispositivo Android
  2. Prema a ligazón e descargue o APK no seu directorio Descargas/
  3. Atope esta descarga no seu historial de descargas ou no explorador de ficheiros e prema nel para instalalo
    • É posíbel que se lle impida instalar un APK descargado da Internet. Asegúrase de ter activado Configuración -> Seguranza -> Administración de dispositivos -> Fontes descoñecidas (activado)
  4. Vaia seguindo as pantallas de instalación para instalar o Visor de LibreOffice
  5. Xa poderá empregar o Visor

Nota: É posíbel instalar máis de unha versión do Visor ao mesmo tempo. Todas as construcións empregan a mesma icona e teñen o mesmo nome, polo que a páxina Sobre indica que versión (co SHA-1 da construción) está en execución (con sorte en breve teremos tamén a data de construción incluída tamén: tdf#90556).

Documentación

Vexa Development/BuildingForAndroid

Historia

Vexa Android/History