TDF Wiki/Multilingual/gl

From The Document Foundation Wiki
Jump to: navigation, search

Estes son algúns consellos importantes para todos os editores do wiki. Cómpre lelos antes de engadir novos artigos.

Esta páxina trata de como nomear as páxinas e como estruturar o wiki mediante varios niveis de páxinas.

O wiki estrutúrase basicamente de dous xeitos:

  1. Contido de carácter global. As páxinas redáctanse orixinalmente en inglés e posteriormente tradúcense ás outras linguas. As páxinas traducidas sob subpáxinas nomeadas mediante o código da lingua correspondente.
  2. Contido de carácter local. As páxinas escríbense unicamente na lingua local e non se traducen. Son subpáxinas de páxinas nomeadas mediante o código da lingua correspondente.

Contido de carácter global

As páxinas redáctanse en inglés e posteriormente tradúcense ás outras linguas. As páxinas traducidas son subpáxinas nomeadas mediante o código da lingua correspondente. Por exemplo:

https://wiki.documentfoundation.org/Marketing
https://wiki.documentfoundation.org/Marketing/de (subpáxina coa tradución ao alemán)
https://wiki.documentfoundation.org/Marketing/es (subpáxina coa tradución ao castelán) 
https://wiki.documentfoundation.org/Marketing/fr (subpáxina coa tradución ao francés) 
https://wiki.documentfoundation.org/Marketing/it (ssubpáxina coa tradución ao italiano) 
etc.

As regras básicas para a creación de páxinas novas son as seguites:

  • O nome da tradución do artigo Páxina será Páxina/xx, onde xx será o código internacional da lingua en letras minúsuclas (“gl” para o caso do galego).
  • Encabece sempre o artigo orixinal en inglés co modelo {{OrigLang}}. Amosará as ligazóns a todas as traducións do mesmo.
  • Encabece sempre o artigo tradución do orixinal co modelo {{Lang}}. Amosará as ligazóns ás outras versións do artigo (orixinal e outras traducións).
  • Se tamén quere traducir o título, engádao ao modelo anterior do seguinte xeito: {{Lang|Título traducido}}. Ante todo, non cambie o nome do artigo pois as ligazóns aos outros deixarían de funcionar.
  • Asegúrese sempre de que está a traducir na páxina correcta. Moitas veces tradúcese accidentalemente a páxina orixinal en inglés.

Deste xeito, o wiki permite manexar moitas linguas automaticamente.

  • Listará as ligazóns a todas as traducións desta páxina así:

Warning: Display title "" overrides earlier display title "Wiki multilingüe".

  • Engadirá automaticamente a categoría lingüística ás páxinas.
  • Algunhas extensións de MediaWiki que detectan a lingua en que os usuarios teñen o navegador empregarán automaticamente as subpáxinas axeitadas. Dese xeito, ao usuario presentaráselle de maneira automática a páxina na súa lingua.

Problemas coñecidos

Problema Estado Solución
A detección automática da lingua dos usuarios e a correspondente presentación das páxinas na lingua axeitada aínda non funciona. Investigándose. Os usuarios poden escoller a súa lingua manualmente no menú de linguas de cada páxina.

Contido de carácter local

As páxinas escríbense na lingua local e non se traducen. Son subpáxinas de páxinas nomeadas mediante o correspondente código de lingua en letra maiúscula. Por exemplo:

https://wiki.documentfoundation.org/DE (páxina principal do contido alemán)
https://wiki.documentfoundation.org/DE/Team
https://wiki.documentfoundation.org/DE/Veranstaltungen
...
https://wiki.documentfoundation.org/FR (páxina principal do contido francés) 
https://wiki.documentfoundation.org/FR/Blabla
etc.