O Manifesto da vindeira década

    From The Document Foundation Wiki
    < TDF
    This page is a translated version of the page TDF/Next Decade Manifesto and the translation is 90% complete.
    Outdated translations are marked like this.

    O Manifesto está tamén dispoñíbel en PDF -polo momento, só en inglés no noso web.

    Durante os últimos dez anos, a comunidade OpenOffice.org desenvolveu, apoiou e promoveu a principal suite de produtividade de oficina de código aberto do mundo. Gañando o apoio de decenas de milleiros de individuos e entidades corporativas durante este período.

    Facemos agora un chamamento a todos os que nos apoian a que nos sigan na vindeira fase do noso desenvolvemento, ao nos converter nunha fundación independente.

    Os nosos valores

    COMPROMETÉMONOS: REXEITAMOS:
    a eliminar a fenda dixital da sociedade dando a toda persoa acceso a ferramentas de produtividade de escritorio libres de cargas para permitirlles participar como cidadáns plenos nesta 21ª centuria as ferramentas de produtividade de escritorio privativas, por ser monopolio de provedores que impoñen de facto exaccións ao intercambio da liberdade de expresión e penaliza  a aqueless economicamente marxinados
    a apoiar a preservación das linguas maternas animando a toda persoa a traducir, documentar, apoiar e promover as nosas ferramentas de produtividade na súa lingua materna a rastreira dominación dos computadores de escritorio por un único idioma que forza á xente a aprender un idioma estraño antes de poderse expresar por si mesmos electronicamente
    a permitirlles a todos/as os usuarios/as de programas de produtividade de escritorio a conservar a propiedade intelectual dos documentos que eles crean mediante o uso de formatos abertos de documentos e estándares abertos a propiedade dos formatos de ficheiro por parte de empresas de software privativo - os documentos son dos seus creadores, non dos vendedores de software
    a un desenvolvemento aberto e transparente revisado por pares onde a excelencia técnica é valorada os procesos de desenvolvemento de software pechados nos que os erros poden ser maliciosamente ocultados e onde a calidade mediocre é aceptada

    O noso estilo de traballo

    Os nosos valores centrais lévannos a crer no seguinte estilo de traballo:

    • o asento das nosas actividades debería ser unha fundación independente  autogobernada
    • a participación na fundación estará aberta a calquera individuo que concorde cos nosos valores centrais e contribúa ás nosas actividades
    • animamos á participación de entidades, por exemplo, patrocinando individuos para traballar como iguais xunta os outros colaboradores da comunidade

    A Fundación constituirase como unha organización sen ánimo de lucro será a propietaria dos activos e que xestionará as actividadeso financeiras e legais no nome da comunidade

    Note: The content of this page has been approved by the Steering Committee - do not change the content without permission by the Steering Committee