Translations:QA/BugReport/3/gl

    From The Document Foundation Wiki

    Informes de erro do LibreOffice

    É o problema realmente un erro ?

    Se precisa axuda no uso do LibreOffice, considere a posibilidade de dirixir a pregunta á Lista de correo dos usuarios do LibreOffice.

    Busque erros semellantes xa existentes

    Antes de crear un informe de erros novo, verifique se alguén xa informou sobre ese erro. De ser o caso, tal vez poida engadir información adicional?

    Pídalle a alguén axuda para reproducir o erro

    Considere a posibilidade de pedirlle a outra persoa que reproduza o informe de erro na lista de correo users@global.libreoffice.org ou no canal de IRC #libreoffice.

    Informar sobre un erro

    Os erros dos paquetes do LibreOffice hainos que enviar ao freedesktop bugzilla . Pode informar sobre un erro directamente do produto "LibreOffice".

    Dependendo do tipo de erro, pode escoller un compoñente diferente:

    • Para problemas do sitio web do LibreOffice.org, empregue o compoñente WWW
    • Para errmacOSerais dun aplicativo, empregue os compoñentes Writer, Presentation, Spreasheet Database ou Drawing que corresponda.

    Para calquera outro problema, escolla os demais compoñentes. Se preme un compoñente na lista despregábel aparece unha axuda. Se non está seguro de que compoñente se trata, escolla o compoñente Libreoffice. Un examinador de erros asignaralle o compoñente axeitado.

    Faga un informe separado para cada problema!

    Se ese sistema de seguimento de erros parece demasiado ameazador con todas as súas seleccións e regras, será mellor que informe sobre o problema nunha lista de correo users@global.libreoffice.org ou en libreofficeforum.org; neles recibirá axuda.

    Informar de erros de Ubuntu

    A lista actual de problemas específicos de Ubuntu está dispoñíbel aquí:

    Só debe informar dun erro específico de Ubuntu se instalou o LibreOffice desde o PPA correspondente. Para informar dun erro específico de Ubuntu, seleccione primeiro a lista actual de problemas e vaia a este formulario e indique libreoffice en In what package did you find this bug? (En que paquete atopou este erro?). Lembre tamén etiquetar o informe con lo33. Informar dun erro en FreeDesktop.org como se describe máis arriba tamén é útil, dado que estes "informes augas arriba" tamén se poden verificar (e posibelmente probar e arranxar) para outras versións do LibreOffice.

    Que incluír nos informes de erros

    A información seguinte axúdanos a reproducir ou localizar o problema e deste xeito halle chegar antes a solución:

    • Se non ten moita experiencia informando de erros, lea as directrices para describir erros. Atopará unha ligazón na parte superior da páxina Introduza un erro!.
    • Empregue a selección correcta para Compoñente, Versión e Situación inicial. Fíxese na axuda que hai nos Detalles sobre os informes de erros.
    • Ademais dos detalles das seleccións despregábeis relacionadas coa versión do sistema e a arquitectura, como por exemplo openSUSE 11.2 on x86_64, 32-bit Windows 7
      • para Linux, que escritorio, como por exemplo KDE or GNOME
    • Version do LibreOffice, como por exemplo 3.2.0. Obtense no diálogo "Axuda/Acerca de LibreOffice". Se utiliza un LibreOffice pre-construído, en Linux diga a versión exacta dos paquetes do LibreOffice que vexa no sistema de xestión de paquetes. No Windows, o nome exacto do ficheiro do instalador e de onde o descargou.
      • Ademais, a información relacionada coa localización instalada e usada (lingua da interface, lingua do documento) podería ser útil.
      • se está a utilizar unha versión de 32 bits do LibreOffice nun sistema de 64 bits (Linux)
      • a fonte do paquete, se non é a construción oficial do LibreOffice build
    • Inclúa un Resumo significativo do problema sobre o que desexa informar:
      • Non: "UI broken" (Falla a interface)
      • Senón: "Menu 'File -> Save as' not available (greyed out)" (O menú 'Ficheiro -> Gardar como' non está dispoñíbel (está en gris))
    • pasos para reproducir o problema. Mencione calquera pequeno detalle, pois podería ser importante.
      • Así que non escriba: "Open document" (Abrir documento)
      • Senón: "In new empty LibO Spreadsheet document, use menu 'file -> open (LibO dialog) - file type "Text documents" -> select attached sample document -> double click' (Nun documento novo e baleiro de folla de cálculo chamado Lib0, vaia ao menú 'ficheiro -> abrir (diálogo Lib0) - tipo de ficheiro "Documentos de texto" -> seleccionar o documento de exemplo anexo -> premer dúas veces)
      • Forneza unha descrición exacta do problema
        • Non: "Formatting not correct" (Formato incorrecto)
        • Senón: "Espero xxx porque yyy, pero vexo zzz
    • outros detalles útiles (p.ex., capturas de pantalla, documentos de exemplo, trazados inversos, strace). Lembre que o documento de exemplo podería non mostrar ese problema se outro usuario o abre cun sistema operativo diferente, con outra configuración de Lib0 ou por outra causa. Así que as capturas de pantalla axudan. Moitas veces unha captura é máis útil se a modifica (con DRAW) engadingo comentarios e marcando as zonas relevantes).