Lista de tarefas e ideas para documentación de LibreOffice
TDF LibreOffice Document Liberation Project Community Blogs Weblate Nextcloud Redmine Ask LibreOffice Donate
Esta páxina vai ser mellorada!
Lista de discusión para documentación
documentation@global.libreoffice.org: Grupo que traballa na documentación de LibreOffice e o sistema de axuda
Subscrición: documentation+subscribe@global.libreoffice.org
Subscrición ao resumo: documentation+subscribe-digest@global.libreoffice.org
Arquivo: https://www.libreoffice.org/lists/documentation/
Mail-Archive.com: https://www.mail-archive.com/documentation@global.libreoffice.org/
GMANE: http://dir.gmane.org/gmane.comp.documentfoundation.libreoffice.documentation
Lista de tarefas para as guías de usuario
Revisión do borrador das guías de usuario
Os capítulos das seguintes guías de usuario precisan ser comprobadas para asegurar a súa corrección para LibreOffice. Este traballo está sendo feito no sitio OOoAuthors neste momento.
- Guía de iniciación
Repare en que: Estes ficheiros son borradores, así que só persoas con acceso "Author" en OOoAuthors os poden ver e descargar. Algunhas instrucións para usar o sitio OOoAuthors atópanse en dous ficheiros que calquera pode ver e descargar:
Estas instrucións inclúen: rexistro en OOoAuthors e petición dun rol como Author.
Actualización das guías OOo 3.2 para LibreOffice 3.3
As guías de usuario para OOo 3.2 de Writer, Calc e Draw están a ser actualizadas á V.3.3 e poden ser usadas como as bases para os libros LibreOffice 3.3. Este traballo estase facendo no sitio OOoAuthors. Vexa a nota anterior sobre o acceso.
Lista de obxectivos para Documentación de usuario
Liste aquí as cousas das que lle gustaría dispoñer como documentación de usuario. Obviamente non se pode facer todo a non ser que haxa xente abonda para facer o traballo, pero é bo ter unha "lista de obxectivos"" -- alguén pode ver un deses ítems e dicir "Podo facer eu iso!"
- Guías de usuario en ODT & PDF descargables -- en produción
- Guía de usuario en formato wiki
- Guías de usuarios en formato de impresión -- realización prevista por Friends of OpenDocument
- FAQ (neste wiki)
- HowTo
- Tutoriais, en PDF & ODT
- Tutoriais, vídeo
- Materiais de aprendizaxe (poden facerse a través doutro grupo na comunidade LibreOffice?)
- Documentos dirixidos a audiencias específicas, i.e. escritores técnicos, pequenas empresas e estudantes universitarios
- DocPlan: Guide for Technical Writers - agradécense comentarios
- www.tutorialsforopenoffice.org/index.html Pregunteille ao responsable da páxina se podería ofrecer asistencia técnica a LibO incluíndo o nome LibreOffice nesta bandeira publicitaria. (Nota de Dave Johnson, davefilms.us@gmail.com)
Lista de obxectivos para a documentación dos desenvolvedores
Liste aquí as cousas que lle gustaría que se fixesen para documentación dos desenvolvedores.
- Empaquetado (.deb, .rpm, .dmg, .pisi,...)
- Modelo de obxecto UNO/LibreOffice (obxectos, métodos, propiedades) axudarían tanto a desenvolvedores de macros como de LibreOffice á vez.
Uns poucos diagramas da xerarquía do modelo de obxectos axudaría os novatos a comezar máis rápido.
- Fluxo de traballo do desenvolvedor, incluíndo git, execución de soffice con depuración e sobre cando compilar todo/módulos. FAQ de desenvolvedores para diferentes fases de desenvolvemento. (Probablemente formando parte da sección Desenvolvemento).
Precisamos colaboradores
Ademais de redactores voluntarios, revisores, editores, indexadores, investigadores,et., precisamos colaboradores para axudar a coordinar e tutorizar voluntarios.
Coordinadores de documentación
Precísase xente para asumir a responsabilidade de proxectos específicos de documentación. Isto non significa que teña que facer todo o traballo ! Mais necesítase comprometer tempo para coordinar voluntarios para facer pequenos traballos, organizar que é o que se debe facer, quen o está a facer, quen está facendo o que, cumprimento de calendarios (por exemplo, cando se actualiza un libro á última versión do software). Jean Weber estivo facendo a maior parte disto en OOoAuthors, pero xa non pode con todo.
Tutores
Tamén se precisan colaboradores par axudar a outros a comezare axudalos cos asuntos técnicmacOSerais. Temos moitos voluntarios que queren mellorar os seus perfís de redacción técnica pero non temos tutores abondo para axudalos.
Libros
- Domando al escritor. LibreOffice Writer Para Escritores(en español). Ricardo Gabriel Berlasso. Maio de 2016. Dispoñible en PDF e Impresso (322 páxinas).
- Designing with LibreOffice (en inglés). Bruce Byfield. Marzo de 2016. Dispoñible en PDF (capítulos individuales en ODT) y papel (510 páxinas).
- LibreOffice Para Leigos v2. (en PT-BR). Klaibson Ribeiro. Maio de 2016. Dispoñible en PDF y ODT (147 páxinas).