Lista de tarefas e ideas para documentación de LibreOffice

From The Document Foundation Wiki
Jump to: navigation, search

Esta páxina vai ser mellorada!

Lista de discusión para documentación

documentation@global.libreoffice.org: Grupo que traballa na documentación de LibreOffice e o sistema de axuda

Subscrición: documentation+subscribe@global.libreoffice.org

Subscrición ao resumo: documentation+subscribe-digest@global.libreoffice.org

Arquivo: http://www.libreoffice.org/lists/documentation/

Mail-Archive.com: http://www.mail-archive.com/documentation@global.libreoffice.org/

GMANE: http://dir.gmane.org/gmane.comp.documentfoundation.libreoffice.documentation

Lista de tarefas para as guías de usuario

Revisión do borrador das guías de usuario

Os capítulos das seguintes guías de usuario precisan ser comprobadas para asegurar a súa corrección para LibreOffice. Este traballo está sendo feito no sitio OOoAuthors neste momento.

  • Guía de iniciación

Repare en que: Estes ficheiros son borradores, así que só persoas con acceso "Author" en OOoAuthors os poden ver e descargar. Algunhas instrucións para usar o sitio OOoAuthors atópanse en dous ficheiros que calquera pode ver e descargar:

Introducing OOoAuthors

Producing User Guides

Estas instrucións inclúen: rexistro en OOoAuthors e petición dun rol como Author.

Actualización das guías OOo 3.2 para LibreOffice 3.3

As guías de usuario para OOo 3.2 de Writer, Calc e Draw están a ser actualizadas á V.3.3 e poden ser usadas como as bases para os libros LibreOffice 3.3. Este traballo estase facendo no sitio OOoAuthors. Vexa a nota anterior sobre o acceso.

Lista de obxectivos para Documentación de usuario

Liste aquí as cousas das que lle gustaría dispoñer como documentación de usuario. Obviamente non se pode facer todo a non ser que haxa xente abonda para facer o traballo, pero é bo ter unha "lista de obxectivos"" -- alguén pode ver un deses ítems e dicir "Podo facer eu iso!"

  • Guías de usuario en  ODT & PDF descargables -- en produción
  • Guía de usuario en formato wiki 
  • Guías de usuarios en formato de impresión -- realización prevista por  Friends of OpenDocument
  • FAQ (neste wiki)
  • HowTo
  • Tutoriais, en PDF & ODT
  • Tutoriais, vídeo
  • Materiais de aprendizaxe (poden facerse a través doutro grupo na comunidade LibreOffice?)
  • Documentos dirixidos a audiencias específicas, i.e. escritores técnicos, pequenas empresas e estudantes universitarios
  • www.tutorialsforopenoffice.org/index.html Pregunteille ao responsable da páxina se podería ofrecer asistencia técnica a LibO incluíndo o nome LibreOffice nesta bandeira publicitaria. (Nota de Dave Johnson, davefilms.us@gmail.com)

Lista de obxectivos para a documentación dos desenvolvedores

Liste aquí as cousas que lle gustaría que se fixesen para documentación dos desenvolvedores.

  • Empaquetado (.deb, .rpm, .dmg, .pisi,...)
  • Modelo de obxecto UNO/LibreOffice  (obxectos, métodos, propiedades) axudarían tanto a desenvolvedores de macros como de LibreOffice á vez.

  Uns poucos diagramas da xerarquía do modelo de obxectos axudaría os novatos a comezar máis rápido.  

  • Fluxo de traballo do desenvolvedor, incluíndo git, execución de soffice con depuración e sobre cando compilar todo/módulos.  FAQ de desenvolvedores para diferentes fases de desenvolvemento.  (Probablemente formando parte da sección Desenvolvemento).


Precisamos colaboradores

Ademais de redactores voluntarios, revisores, editores, indexadores, investigadores,et., precisamos colaboradores para axudar a coordinar e tutorizar voluntarios.

Coordinadores de documentación

Precísase xente para asumir a responsabilidade de proxectos específicos de documentación. Isto non significa que teña que facer todo o traballo ! Mais necesítase comprometer tempo para coordinar voluntarios para facer pequenos traballos, organizar que é o que se debe facer, quen o está a facer, quen está facendo o que, cumprimento de calendarios (por exemplo, cando se actualiza un libro á última versión do software). Jean Weber estivo facendo a maior parte disto en OOoAuthors, pero xa non pode con todo.

Tutores

Tamén se precisan colaboradores par axudar a outros a comezare axudalos cos asuntos técnicos xerais. Temos moitos voluntarios  que queren mellorar os seus perfís de redacción técnica pero non temos tutores abondo para axudalos.