Notas sobre a versión 4.1 do LibreOffice

    From The Document Foundation Wiki

    Cambios no LibreOffice 4.1

    Sobre esta páxina

    Este é un caderno de notas no que se van apuntando as novidades segundo se van incorporando. Traduce a versión en inglés orixinal, que é na que se realiza ese traballo. Non incorpore novidades ou suxestións aquí. Os cambios introducidos na versión anterior, a 4.0, constan aquí e os da próxima versión, a 4.2, aquí

    Writer

    • As imaxes incorporadas no Writer poden ser xiradas facilmente en incrementos de 90 graos tdf#34423(Tomaž Vajngerl)
    Xirar coa barra de ferramentas e o menú de contexto
    • As molduras de texto do Writer admiten ter un fondo como gradiente tdf#46029 (Miklós Vajna)
    Gradiente como fondo dunha moldura do Writer
    • Pódense incorporar os tipos de letra aos documentos do Writer tdf#42195 (Luboš Luňák)
    • É posíbel mostrar/agochar facilmente a barra de comentarios co botón que hai na regra. tdf#38246 (Rodolfo Ribeiro Gomes)
    Novo botón de comentarios na regra.
    • No Windows, os IME modernos mostran as súas xanelas con suxestións nunha posición máis doada de ler. tdf#64298 (Yohei Yukawa - Google)
    MSIME 2012 mostra a súa xanela de suxestións nunha posición máis doada de ler.
    • Impórtanse e expórtanse as viñetas gráficas das numeracións nos filtros de DOC, DOCX e RTF i#120928 (Jian Hong Cheng - Apache: DOC part, Miklos Vajna: DOCX, RTF parts)
    • Mellorou a xestión dos comentarios nas cabeceiras e os rodapés. tdf#34800 (Joren De Cuyper)
    • Os comentarios aos intervalos de texto agora pódense estender por varios parágrafos. tdf#53442 (Miklos Vajna)
    • O filtro de importación de DOCX manipula agora as formas de drawingml que non son mapas de bits. tdf#43641 (Miklos Vajna)

    Calc

    • Pódense incorporar os tipos de letra ás follas de cálculo do Calc tdf#61073 (Noel Power)
    • Engadiuse o tipo de liña «Liñas a chanzos» aos gráficos de liñas e XY (dispersión) tdf#61135 (Eric Seynaeve)
    Captura de pantalla co asistente de gráficas e liñas «a chanzos?»
    • Nova funcionalidade das follas de cálculo do Calc: Contar o número de celas escollidas: tdf#61541 (Prashant Pandey)
    Calc.png
    • Pódense importar documentos en HTML grandes con máis de 64.000 celas de táboa. tdf#35756 (Eike Rathke)

    Motor de fórmulas

    • Nova función das follas de cálculo NUMBERVALUE, tal e como se define en ODF OpenFormula. tdf#57180 (Winfried Donkers, Eike Rathke)
    • Nova función das follas de cálculo SKEWP, tal e como se define en ODF OpenFormula. tdf#60322 (Winfried Donkers)
    • Novas funcións de importación/exportación do Excel 2013 para compatibilidade con ODF OpenFormula. tdf#60032 (Eike Rathke)
      Xestiónanse as funcións seguintes; os nomes das especialidades danse (entre parénteses o nome da interface do Calc en-US) [entre corchetes o nome en ODFF]

      ACOT, ACOTH, ARABIC, BASE, BINOM.DIST.RANGE (B) [BINOM.DIST.RANGE], BITAND, BITLSHIFT, BITOR, BITRSHIFT, BITXOR, COMBINA, COT, COTH, CSC, CSCH, DAYS, DECIMAL, FORMULATEXT (FORMULA) [FORMULA], GAMMA, GAUSS, IFNA, IMCOSH, IMCOT, IMCSC, IMCSCH, IMSEC, IMSECH, IMSINH, IMTAN, ISFORMULA, MUNIT, NUMBERVALUE, PDURATION (DURATION) [PDURATION], PERMUTATIONA, PHI, RRI, SEC, SECH, SHEET, SHEETS, SKEW.P (SKEWP) [SKEWP], UNICHAR, UNICODE, XOR



    Impress

    • Pódense incorporar tipos de letra aos ficheiros de presentación do Impress tdf#61072 (Radek Doulik)
    • Vexa tamén Filtros
    • Agora é máis doado crear presentacións cunha serie de imaxes coa funcionalidade «Álbum de Fotos». tdf#35546 (Gergő Mocsi)
      Atopar en: Inserir ▸ Imaxe ▸ Álbum de fotos
    O diálogo do Álbum de Fotos
    • Opción para desactivar a Consola de Presenter incorporada, o que fai que a integración de OpenLP sexa máis suave (Manik Malhotra)
    OpenLP en uso

    Draw

    Base

    • Pódese limitar número de resultados dunha consulta empregando a caixa de selección «Limitar» na barra de ferramentas de deseño das consultas.(Tamás Zolnai)
      Atopar en: Consultas ▸ Vista de deseño ▸ Barra de ferramentas Deseño
    Limitar o resultado dunha consulta na vista de deseño da consulta.
    • Novo diálogo Propiedades da consulta na vista Deseño da consulta para engadir un límite e propiedades de valores distintivos.(Tamás Zolnai)
      Atopar en: Consultas ▸ Vista de deseño ▸ Editar ▸ Propiedades da consulta
    Novo diálogo para engadir propiedades ás buscas como límite e valores distintos.
    • O diálogo Propiedades da consulta pódese abrir desde a barra de ferramentas Deseño da consulta (Issa Alkurtass, Tamás Zolnai)
      Atopar en: Consultas ▸ Vista de deseño ▸ Barra de ferramentas Deseño
    Novo elemento da barra de ferramentas para abrir o diálogo Propiedades da consulta.

    Math

    • Engadiuse unha xanela ancorábel nova cos elementos (Tomaž Vajngerl)
    Panel ancorábel Novos elementos

    Chart

    • Exportación das gráficas a .odc (ficheiros de gráficas de ODF) (Markus Mohrhard)
    Para facelo: pasar ao modo de edición de gráficas e a seguir Gardar como
    nota: non se pretende que funcione como ficheiros separados ou módulo separado, senón para a importación e exportación
    • Inserción de ficheiros odc nas follas de cálculo do Calc mediante Inserir ▸ Obxecto ▸ Gráfica de ficheiro (Markus Mohrhard)
    • As gráficas tamén se poden exportar agora a gráficos vectoriais (p.ex. SVG,PDF) tdf#60137 (Tomaž Vajngerl)

    Núcleo

    • Reduciuse o código en java: Portouse o Asistente Axenda a python. Elimináronse once ficheiros, 5345 liñas de código en java (Xisco Faulí)
    • Portouse o Asistente web a python. Cambiáronse 104 ficheiros, 5076 (+), 11416 (-). Retiráronse 55 ficheiros, 10426 liñas de código java (Javier Fernandez)
    • A disposición do texto no Linux (e outras plataformas con X11) portouse desde a biblioteca obsoleta e sen mantemento ICU LayoutEngine a HarfBuzz, que fornece un funcionamento mellor coa disposición de OpenType en xeral e coas escritas complexas en particular, así como melloras de rendemento notorias, especialmente en tipos de lebra cun número grande de consultas de OpenType (Khaled Hosny, Fridrich Štrba)
    • A disposición do texto no macOS portouse desde a infraestrutura obsoleta (e só para 32 bits) ATSUI a Core Text, que adicionalmente admite os tipos de letra OpenType para escritas complexas como o árabe (Herbert Dürr – Apache, Tor Lillqvist, and Khaled Hosny)
      Compatibilidade coa escriba árabe (macOS 10.8)

    Filtros

    • A exportación a SVG inclúe agora as hiperligazóns tdf#47576 (Moritz Kütt)
    • Os tipos de ficheiros multimedia Windows Media Audio (WMA), Windows Media Video (WMV), Advanced Audio Coding (AAC), Flash Video (FLV), Multiplexed OGG Video (OGX), RMI MIDI Audio e SND (SouND) Audio son agora accesíbeis desde Inserir ▸ Vídeo e son tdf#36635,tdf#56832, tdf#62409 (Joel Madero, Samuel Mehrbrodt)

    Compatibilidade con documentos de procesamento de textos antigos de Mac

    A integración de libmwaw, escrita por Laurent Alonso trae a compatibilidade con numerosos documentos antigos de procesamento de texto de Mac anteriores a macOS en diferentes formatos de ficheiro. Máis información neste blogue. Seguen algúns exemplos da conversión.

    • Microsoft Word para Mac 5.1
    Un documento no MS Word 5.1 para Mac
    O mesmo documento no LibreOffice Writer
    • Write Now 4.0
    Un documento en Write Now 4.0
    O mesmo documento no LibreOffice Writer
    Un documento no MacWrite Pro 1.5
    O mesmo documento no LibreOffice Writer
    • AppleWorks 6.0
    Un documento no AppleWorks 6.0
    O mesmo documento no LibreOffice Writer

    Filtros de importación e exportación

    Realizáronse numerosas melloras sobre os filtros de importación de exportación para OOXML da Microsoft, así como para os formatos de ficheiro binarios do Office da Microsoft e o formato RTF.

    Detalles:

    • Filtros de ficheiros binarios do Office da Microsoft → DOC, XLS, PPT, "ww8"
    • Filtros de RTF→ RTF

    Axuda

    • Exemplos de código en Basic coa sintaxe realzada na axuda local (David Vastag, Andras Timar)
    LibreOffice 3.6
    LibreOffice 4.0
    LibreOffice 4.1

    Interface gráfica

    Barra de buscas

    • Converter o atallo para Atopar Ctrl + F conmutábel tdf#59101 (Joren De Cuyper)
    • Engadir un botón «Pechar a busca» á barra de buscas tdf#58526 (Joren De Cuyper)
    • Engadir unha opción para que coincidan as maiúsculas ou minúsculas á barra de buscas tdf#63035 (Andrzej Hunt)
    Distinguir entre maiúsculas e minúsculas nas buscas é moito máis doado

    Documentos recentes

    • Engadiuse a funcionalidade Ficheiro ▸ Documentos recentes ▸ Limpar a lista (Ariel Constenla-Haile - Apache)
    • Pódese acceder aos documentos recentes directamente desde a barra de ferramentas empregando un menú despregábel a carón do botón «Abrir» (Jan Holesovsky, Samuel Mehrbrodt)
    • Mellorouse a maneira na que aparecen os nomes de ficheiro na lista Documentos recentes (Samuel Mehrbrodt)
    Menú despregábel cos documentos recentes a carón do botón «Abrir».

    Diálogos con tamaños mellores

    O fluxo de diálogos que teñen tamaños mellores continúa.

    O diálogo de presentación de diapositivas do Impress, por exemplo
    O diálogo de gravar ficheiros, tamén

    Outros

    • Pódense eliminar varios estilos de unha soa vez tdf#46718 (Joren De Cuyper)
    • Funcionalidade experimental: Barra lateral (Apache OpenOffice/Symphony da IBM con disposición redimensionábel (equipo do LibreOffice)
    Barra lateral no LibreOffice
    • Novas imaxes para a galería (Symphony da IBM)
    Moitas imaxes novas na Galería

    Localización

    Exemplo de glifos no mesmo punto de código de Unicode que cambian segundo o idioma
    • Melloras na separación con trazos no Calc e no Draw (László Németh)

    Escritas de dereita a esquerda

    Desempeño

    • non se analizan 14 000 liñas de descricións de etiquetas en cada inicio, senón que se difiren até que se emprega unha folla de etiquetas (Matus Kukan)
    • algunhas cousas que se incluíron en 4.0.x mais que non se chegaron a anunciar:
      • contaxe de palabras asíncrona - nos documentos grandes non se difire a renderización do documento e a barra de estado até que se teñaa contado - pode verse que o número da barra de estudo xira despois da carga, oque aforra moitos segundos cos documentos grandes (Michael Meeks)
      • emprégase copiar-ao-escribir na pila de importación de RTF - acelera de maneira significativa a importación de documentos en RTF (Michael Meeks)
      • emprégase un hash para a corrección automática até que haxa que ordenar - gáñase moita velocidade nos ficheiros de corrección automática (Michael Meeks)

    Infraestructura

    • Completouse a portaxe a gnumake e elimináronse todos os makefiles e binarios internos de dmake, o que permite un paralelismo significativo á hora de construír e melloras no tempo que leva; vexa Björn Michaelsen’s blog – foi moita a xente que axudou neste esforzo (Bjoern Michaelsen, David Tardon, Peter Foley, Norbert Thiebaud, Michael Stahl, Matus Kukan, Tor Lillqvist, Stephan Bergmann, Lubos Lunak, Caolan McNamara, Mathias Bauer, Jan Holesovsky, Andras Timar, David Ostrovsky, Hans-Joachim Lankenau e máis...)
    • No canto de pasar unha gran cantidade de defines ao pré-procesador -DFOO en cada liña de ordes do compilador, xunto cunha cantidade igualmente grande de regras para os makefiles para configuralos para os diferentes ficherios, agora empregamos autoconf para producir moitos ficheiros include config_host/config_feature.h separados para incluír, o que evita moitas molestias (Lubos Lunak)
    • Convertéronse moitas instancias de compoñentes para que empreguen os novos construtores de servizos, que son máis limpos e máis lexíbeis (Noel Grandin)
    • Refactorizáronse as L10ntools, retiráronse comportamentos obsoletos (métodos e clases), elimináronse funcións duplicadas e aumentose a eficiencia da fusión das traducións ao retirar determinado código que «traballaba sen resultados» e ao reducir o número de buscas entre as cadeas traducidas. (Tamás Zolnai)

    Extensións

    • Melloras na Galería (Michael Meeks)
      • As galerías poden recibir nomes lóxicos, como «aminhagaleria.thm» no canto de sg<enteiro>, co que se evitan conflitos no espazo de números enteiros e se facilita empaquetalas.
      • As galerías créanse no momento da compilación a partir de listas simples de ficheiros, o que facilita a súa extensión.
      • Engadiuse a posibilidade de traducir os ficheiros da galería cun ficheiro «.str» de sintaxe do ficheiro .desktop situado a carón da galería deste xeito
       name[en_US]=My Gallery
       name[de]=Meine Gallery
       name[gl]:A miña galería
    


    Retirada futura de funcionalidades / obsolescencia

    • Abandonouse o macOS para PowerPC [1].
    • De maneira semellante, abandonouse tamén o SDK para macOS v10.4 e 10.5 [2].

    Correccións de erros / remisións

    • Esta versión inclúe máis de 10 000 revisións de todos os colaboradores. Destas, arredor de catrocentas cincuenta teñen enderezos de correo de apache.org.
    • Arranxouse unha cantidade grande de fallos, demasiados como para tentar dar unha listaxe precisa; mesmo contalos con precisión é difícil, especialmente porque algúns fallos son realmente funcionalidades e porque no momento de escribir isto séguense a enviar arranxos, etc. Porén, unha estimación razoábel é duns tres mil fallos, dos cales catrocentos proveñen de autores con enderezos de correo de apache.org.
    • Para máis detalles sobre as remisións, paga a pena examinar cgit libreoffice-4-1 branch.

    Cambios na API

    Bindings C++ UNO e bibliotecas URE

    Java

    Python

    • Debido aos cambios do noto formato type.rdb, uno.getConstantByName non funciona máis con membros de enum de UNOIDL, só con constantes UNOIDL. Mesmo se uno.getConstantByName só se documentara para funcionar con constantes, o código existente podería ter repousado no feito de que tamén funcionase accidentalmente con membros de enum. Vexa tamén tdf#66031.

    Servizos de novo estilo =

    Unha grande cantidade de servizos de UNO existentes foron convertido a estilos de novo tipo, o que permite unha construción máis cómoda e máis segura de tipos; isto non ten ningún impacto sobre a compatibilidade do código cliente existente. (Noel Grandin)

    Deixan de publicarse API de UNO

    Cambios ás API de UNO sen publicar

    As estruturas relacionadas coa data e a hora de UNO foron cambiadas para acomodaren:

    • ano con signo (negativo)
    • resolución do tempo en nanosegundos
    • compatibilidade con zonas horarias

    Estruturas afectadas:

    • com.sun.star.util.Date
    • com.sun.star.util.Time
    • com.sun.star.util.DateTime
    • com.sun.star.util.DateTimeRange
    • com.sun.star.util.Duration (not published)

    Estruturas novas: Variantes de WithTimezone.

    Desde 4.1.1:

    • servizo com.sun.star.awt.UnoControlDateFieldModel: propiedades Date, DateMin e DateMax cambiadas ao tipo com.sun.star.util.Date en troques de long (enteiro).
    • servizo com.sun.star.awt.UnoControlTimeFieldModel: propiedades Time, TimeMin e TimeMax cambiadas ao tipo com.sun.star.util.Time en troques de long (enteiro).

    As interfaces de UNO sen publicar seguintes foron alteradas:


    Elimínanse opcións de configuración obsoletas

    • Common/Gallery/ID_Dialog 8e7a1ad17cdcd677e40865daa9bbdbe69927360d
    • Common/Image/Color/PosterColor
    • Common/Image/Color/RotationAngle
    • Common/Image/Color/LeftRight
    • Common/Image/Color/BlackWhiteThreshold
    • Common/Image/Effect/MosaicX_Tile
    • Common/Image/Effect/MosaicY_Tile
    • Common/Image/Effect/SolarizationThreshold
    • Common/Image/Effect/TileX_Tile
    • Common/Image/Effect/TileY_Tile
    • Common/OfficeObjects 8e7a1ad17cdcd677e40865daa9bbdbe69927360d
    • Common/ExternalApps/ExternalMailer/UseDefaultMailer
    • Common/ExternalApps/ExternalMailer/CommandProfile
    • Common/ExternalApps/ExternalMailer/Profiles
    • Common/MailCommandLineProfile
    • Common/Path/Current/OfficeInstall
    • Common/Path/Current/OfficeInstallURL
    • Java/Install/AdditionalClasspath 7c48a2a83f4a92200c7f2b0f259bf1684d253436
    • Java/Install/AdditionalSearchPath
    • Java/Install/ExcludeVersion
    • Java/Install/InstallationPackage
    • Java/Install/PackageInstallationDirectory
    • Java/Install/RequiredVersion
    • Java/Install/Vendor
    • Java/Install/VerifiedVersion
    • Java/Install/Version
    • Java/VirtualMachine/DebugPort
    • Java/VirtualMachine/DisableAsyncGC
    • Java/VirtualMachine/EnableClassGC
    • Java/VirtualMachine/EnableVerboseGC
    • Java/VirtualMachine/EnvironmentType
    • Java/VirtualMachine/JavaLibPath
    • Java/VirtualMachine/JavaStackSize
    • Java/VirtualMachine/MaxHeapSize
    • Java/VirtualMachine/MinHeapSize
    • Java/VirtualMachine/NativeStackSize
    • Java/VirtualMachine/RunTimeLib
    • Java/VirtualMachine/SystemClassPath
    • Java/VirtualMachine/VMType
    • Java/VirtualMachine/Verbose
    • Java/VirtualMachine/VerifyMode

    Fallos que máis amolaban

    Os fallos molestos seguintes non foron resolvidos a tempo e trataranse nas edicións de corrección de erros:

    • algúns campos non entran no diálogo Opcións (tdf#61544) arranxado en 4.1.1
    • as letras desprázanse durante a edición/ao escribir (tdf#64957) arranxado en 4.2.3
    • non é posíbel abrir os documentos cifrados en Linux (tdf#64916) arranxado en 4.1.1
    • Calc transforma varios espazos nun único espazo durante a exportación de ficheiros (tdf#67094)
    • Se non ten os menús nun sistema baseado en Debian/Ubuntu ou problemas coa instalación hase deber probabelmente a que non se instalou completamente a versión da distribución. Ten que asegurarse de que estean instalados todos os paquetes binarios que aparecen aquí:https://launchpad.net/ubuntu/+source/libreoffice . Nas distribucións de Ubuntu, abondaría con executarsudo apt-get purge 'libreoffice*'; sudo apt-get purge openoffice.org-dtd-officedocument1.0 python-uno python3-uno uno-libs3 ure arranxado en 4.1.1
    • base de datos: no acceso á columna da marca de tempo a través de JDBC, só se le a parte da data (tdf#67387) arranxado en 4.1.1