Notas sobre a versión 4.2 do LibreOffice

    From The Document Foundation Wiki

    Cambios no LibreOffice 4.2

    Sobre esta páxina

    Este é un caderno de notas no que se van apuntando as novidades segundo se van incorporando. Traduce a versión en inglés orixinal, que é na que se realiza ese traballo. Non incorpore novidades ou suxestións aquí. Os cambios introducidos na versión anterior, a 4.1, constan aquí.

    Instalador (só para Windows)

    • A opción para seleccionar que módulos instalar foi retirada do diálogo de instalación personalizada de Windows (Andras Timar). A opción non tiña moito sentido (todos os módulos están incluídos no programa: eran simplemente as iconas/atallos do menú de inicio os que se suprimiron) e era unha fonte de erros.
    Antes
    Despois

    Writer

    • A incorporación de imaxes nos ficheiros en HTML permite enviar fusión de correo con imaxes no formato HTML tdf#63211 (Edmond Ciorba, Andras Timar)
    Antes
    Despois
    • Bordo de carácter: formatar un ou máis caracteres cun bordo. tdf#35155 (Tamás Zolnai)
      Formatos de ficheiro admitidos: ODT, HTML, DOC, DOCX, RTF
      Configuración: Formato ▸ Caracteres ▸ Bordos (lapela)
    Páxina da lapela Bordos do diálogo Carácter
    Bordo arredor de un ou máis caracteres
    • Seleccionar todo funciona agora na situación especial na que o documento comeza cunha táboa tdf#37606 (Miklos Vajna)
    Nova selección cando o documento comeza cunha táboa
    • O menú emerxente de corrección ortográfica permite cambiar as operacións de seguimento. tdf#35746 (Miklos Vajna)
    Novo menú emerxente de corrección ortográfica con operacións de liña vermella
    • Selección de varios estilos na xanela Estilos e Formatado para eliminalos ou agochalos tdf#67461 (Joren De Cuyper)
    • Importación de RTF: engadiuse compatibilidade inicial para formas agrupadas tdf#66040 (Miklos Vajna)
    Antes
    Despois
    Writer pode gardar agora no formato .dot.
    • Melloras na corrección automática dos bordos: as diferenzas son máis visíbeis tdf#71740. (Laurent Balland-Poirier)
    Comparación do grosor dos bordos na Corrección automática
    • Pódense ignorar os diacríticos nas linguas con escrita de dereita para esquerda tdf#52204 (Abdulmajeed ahmed)
    Antes e despois
    • Arranxada a posición do botón de alternancia de comentarios no caso de escritas de dereita a esquerda postos como de dereita a esquerda tdf#69280 (Abdulaziz A Alayed)
    • A busca rápida (ctrl + f) xa non está influenciada polas opcións invisíbeis do diálogo de busca e substitución tdf#62601 (Abdulmajeed ahmed)
    • As referencias cruzadas das cabeceiras non conteñen os números das notas a rodapé en (1) cabeceiras (campo «Documento/Capítulo»), (2) suxestións de referencias e (3) campos de diálogo tdf#71645 (László Németh)
    Antes
    Despois
    Antes
    Despois
    Título máis grande, novas cabeceiras, espazamento máis grande e máis
    • Edición dos campos de entrada «no sitio». (Oliver-Rainer Wittmann)
    • Mellor tipografía: arranxouse a quebra de liñas nos guións duros e nas palabras antes dos signos de puntuación Máis información. tdf#56392 (László Németh)
      Antes/Despois
    • LibreLogo (help) (László Németh):

    Calc

    • Menú de contexto co botón dereito nas frechas da barra de desprazamento de abaixo á esquerda para cambiar de folla (Caolán McNamara)
    Previsualización do menú
    • Evítase que un aumento de sangrado escape fóra da cela (Abdulmajeed ahmed)
    • Estender o intervalo de fórmulas desde todas as esquinas tdf#67592 (Tomaž Vajngerl)
    Intervalo de forma estendido
    • Xeración aleatoria de números (Edit ▸ Fill ▸ Random Number...) tdf#66477 (Tomaž Vajngerl).
    Xerador aleatorio de números
    • funcións de estatística Datos ▸ Estatística (alternativa ao engadido do Excel «Analysis ToolPak») tdf#66477 (Tomaž Vajngerl)
      • Sampleado
      • Estatística descriptiva
      • Análise de varianza (ANOVA)
      • Correlación
      • Covarianza
      • Suavizado exponencial
      • Media móbil
    • Inclúense «Atopar todo» tamén no caso da opción «buscar en todas as follas» - crea un diálogo que describe celas que coincidan tdf#39881 (Matúš Kukan)
    Atopar todo: diálogo de celas coincidentes

    Motor de fórmulas

    • Engadíronse as funcións de folla de cálculo WEBSERVICE e FILTERXML para acceder a datos da web. (Markus Mohrhard)
    • Engadíronse as funcións de folla de cálculo LEFTB, LENB, MIDB e RIGHTB que funcionan nas cadeas de caracteres de duplo byte de DBCS. (Zhang Lu)
    • Engadíronse as funcións de folla de cálculo COVARIANCE.P e COVARIANCE.S para interoperabilidade con MS-Excel. tdf#70000 (Winfried Donkers)
    • Engadíronse as funcións de folla de cálculo STDEV.P e STDEV.S para interoperabilidade con MS-Excel. tdf#44134 (Winfried Donkers)
    • Engadíronse as funcións de folla de cálculo VAR.P e VAR.S para interoperabilidade con MS-Excel.. tdf#61002 (Winfried Donkers)
    • Engadíronse as funcións de folla de cálculo BETA.DIST e BETA.INV spreadsheet functions for MS-Excel interoperability. tdf#71008 (Winfried Donkers)
    • Engadíronse as funcións de folla de cálculo BINOM.DIST e BINOM.INV para interoperabilidade con MS-Excel.tdf#71081 (Winfried Donkers)
    • Engadíronse as funcións de folla de cálculo CONFIDENCE.NORM e CONFIDENCE.T para interoperabilidade con MS-Excel. tdf#71350 (Winfried Donkers)
    • Engadíronse as funcións de folla de cálculo F.DIST, F.DIST.RT, F.INV, F.INV.RT e F.TEST para interoperabilidade con MS-Excel. tdf#71436 (Winfried Donkers)
    • Engadíronse as funcións de folla de cálculo EXPON.DIST, HYPGEOM.DIST, POISSON.DIST e WEIBULL.DIST para interoperabilidade con MS-Excel. tdf#71722 (Winfried Donkers)
    • Mellorouse a función de folla de cálculo CRITBINOM para xestionar cantidades de mostras grandes. (Winfried Donkers)
    • Engadiuse un intérprete de fórmulas novo para permitir cálculos paralelos masivos sobre celas de fórmulas empregando a GPU mediante OpenCL. (Kohei Yoshida, Tor Lillqvist, Michael Meeks, Markus Mohrhard, AMD, MultiCoreWare)
    Nova opción «Activar OpenCL» no diálogo Configuración Cálculo detallado.

    Impress / Draw

    • Indicador visual no Organizador de Diapositivas cando unha destas ten unha transición ou animación(s) tdf#65456 (Edmond Ciorba, Andras Timar)
    Icona para transicións ou animacións
    • Engadirlles iconas ás diapositivas que teñen unha animación ou transición personalizadas facilita presentar o contido global das diapositivas tdf#65457 (Edmond Ciorba, Andras Timar)
    Previsualización do Presentador
    Vista de notas
    Vista do ordenador de diapositivas
    • Control remoto do Impress para iOS
    • A barra lateral está activada agora por omisión (só no Impress)
    • Nova barra de ferramentas de animacións personalizadas tdf#62082 (Samuel Mehrbrodt)
    Barra de ferramentas de animacións personalizadas

    Base

    • CAMBIO INCOMPATÍBEL: unha caixa de selección ligada a un campo (var)char (cadea) escribe agora «verdadeiro» ou «falso», mentres que até o LibreOffice 4.1 escribía as cadeas «1» ou «0». (Lionel Elie Mamane)
    • NOVA FUNCIONALIDADE: agora respéctanse os valores de referencia das caixas de selección. Isto permite ter de novo o comportamento antigo de escribir «1» ou «0» se así se desexar. Tamén permite, por exemplo, inverter o comportamento da caixa de selección (ligada a un campo lóxico) axustando as propiedades da caixa de selección como segue: «Reference (on): false» e «Reference (off): true» (Lionel Elie Mamane)

    Gráficas

    • Impórtanse gráficas de xlsx que non teñen referencias correctas mais si datos internos (Muthu Subramanian)
    • Botón da barra de tarefas para as grades verticais e cambiar o comportamento para variar a grade entre maior, maior e menor e fóra para as grades horizontais e verticais. tdf#66422 (Tomaž Vajngerl)
    • Melloras nas liñas de tendencia:
      • Posibilidade de máis de unha liña de tendencia por gráfica (Tomaž Vajngerl)
      • Interceptación forzada das liñas de tendencia tdf#40314 (Tomaž Vajngerl)
      • Extrapolación das liñas de tendencia tdf#40316 (Tomaž Vajngerl)
      • Liñas de tendencia polinómicas tdf#35712 (Tomaž Vajngerl)
      • Liñas de tendencia de media móbil tdf#40315 (Tomaž Vajngerl)
    Melloras nas liñas de tendencia: varias liñas de tendencia, interceptación forzada (superior esquerda), liña de tendencia extrapolada (superior dereita), liñas de tendencia polinómicas (inferior esquerda), liña de tendencia de media móbil (inferior dereita)

    Núcleo

    Opcións / Xeral

    Cambios do Rexistro do Windows

    O Rexistro do Windows é unha infraestrutura de configuración. Baixo Windows, o LibreOffice emprega claves en HKLM/Policies/LibreOffice como capa de configuración por riba da capa do programa e por debaixo da capa do usuario. Asúmese a estrutura seguinte: o último elemento da clave convértese na propiedade, a primeira parte é a ruta e os nós opcionais cando o nó ten o atributo oor:op. Os valores poden ser os seguintes: Value (cadea) e Final (dword, opcional). Por exemplo, a configuración do rexistro seguinte:

    [HKEY_LOCAL_MACHINE\SOFTWARE\Policies\LibreOffice\org.openoffice.UserProfile\Data\o]
    "Value"="Example Corp."
    "Final"=dword:00000001
    

    convértese no seguinte na configuración:

    <item oor:path="/org.openoffice.UserProfile/Data">
        <prop oor:name="o" oor:finalized="true">
            <value>Example Corp.</value>
        </prop>
    </item>
    

    Outro exemplo:

    [HKEY_LOCAL_MACHINE\Policies\LibreOffice\org.openoffice.Office.OptionsDialog\OptionsDialogGroups\ProductName/#fuse\Pages\BasicIDEOptions/#fuse\Hide]
    "Value"="true"
    

    convértese no seguinte na configuración:

    <item oor:path="/org.openoffice.Office.OptionsDialog/OptionsDialogGroups">
        <node oor:name="ProductName" oor:op="fuse">
            <node oor:name="Pages">
                <node oor:name="BasicIDEOptions" oor:op="fuse">
                    <prop oor:name="Hide">
                        <value>true</value>
                    </prop>
                </node>
            </node>
        </node>
    </item>
    

    con esta funcionalidade resulta posíbel xestionar centralmente a configuración do LibreOffice con Group Policy Objects nun dominio de Windows. É posíbel indicar e, opcionalmente, bloquear moitas das opcións do LibreOffice. Esta funcionalidade foi desenvolvida por orde do Centro de Competencia do Software Libre do Governo Electrónico de Hungría.

    Calidade do código

    Mellora da calidade do código segundo a análise de Coverity (Stephan Bergmann, Herbert Dürr, Jan Holesovsky, Andrzej J.R. Hunt, Marc-André Laverdière, Caolán McNamara, Markus Mohrhard, Julien Nabet, Noel Power, Michael Stahl, Norbert Thiebaud, Miklos Vajna)

    Resultados baseado nos resultaddos das análises de Coverity. (Data available after registration)

    Filtros

    Melloras nos filtros de Microsoft Office e OOXML

    • Numerosas melloras para a interoperabilidade co formato DOCX do Word da Microsoft:
      • O Writer agora mantén «Seguir os cambios activado» cando está presente nun DOCX tdf#64826 (Adam Co)
      • A cor de fondo continuo da páxina segue a selo en DOCX. tdf#65257 (Adam Co)
      • Arranxadas as marxes do bordo da páxina en DOCX. tdf#64350 (Adam Co)
      • Arranxado que se ignorase a bandeira de páxinas pares e impares diferentes. tdf#65655 (Adam Co)
      • Arranxado que os rodapés agochados se importasen ao Writer como rodapés normais. tdf#64238 (Adam Co)
      • Writer agora conserva a cor de subliñado. tdf#65710 (Adam Co)
      • Writer agora conserva a sobra dos caracteres. tdf#65400 (Adam Co)
      • Writer agora conserva os números de páxina que non comezan por «1». tdf#66543 tdf#44689 (Adam Co)
      • Arranxada a exportación da propiedade de caixa de texto inserida a. tdf#66929 (Adam Co)
      • Arranxada a exportación a DOCX export do borde de páxina (caso de interoperabilidade de exportación n.º2) https://wiki.openoffice.org/wiki/Writer/MSInteroperability/PageBorder
      • Arranxado que se conserven as viñetas co nivel 0 (non se deberían mostrar) tdf#66781 (Adam Co)
      • Arranxadas as sombras do borde das páxinas en DOCX. tdf#64350 (Adam Co)
      • Agora non se perden os bordos das cabeceiras e dos rodapés. tdf#67013 (Adam Co)
      • A cor de gradación do fondo das caixas de texto consérvanse correctamente agora. tdf#65295 (Adam Co)
      • Consérvase a información de rotación dos mapas de bits. tdf#70457 (Jacobo Aragunde)
      • Arranxados os valores errados de posición e tamaño das figuras exportadas. tdf#70838 (Jacobo Aragunde)
      • Consérvase a información de Smart-Art. (Jacobo Aragunde, Andrés Gómez, Miguel Gómez)
      • Arranxados o aliñamento e a direccionalidade errados cando se abre un ficheiro en DOCX. tdf#43093 (Faisal M. Al-Otaibi)
      • Arranxada a direccionalidade errada ao gravar un ficheiro creado por MS. tdf#71646 (Faisal M. Al-Otaibi)
      • Melloras nas táboas flutuantes de OOXML. Para máis detalles vexa esta entrada de blogue. (Miklos Vajna)
      • O «&» no título dun documento causa un docx corrupto tdf#63053 (Abdulmajeed ahmed)
    • Aceleracións significativas de todas as análises de OOXML mediante a partición da análise / tokenización en fíos separados e outras moitas optimizacións relacionas co FastParser (Matus Kukan, Michael Meeks)
    • Compatibilidade co mecanismo predeterminado de Microsoft Office 2010 e 2013 Agile decryption (Tomaž Vajngerl)
    • Compatibilidade co cifrado de OOXML tdf#59524 (Tomaž Vajngerl)
    • Realizáronse numerosas melloras adidionais nos filtros de importación e exportación de Microsoft OOXML Import, así como nos formatos de ficheiro binarios do Office da Microsoft e o formato RTF. Detalles:

    Melloras noutros filtros de importación/exportación

    • Exportación a MathML mellorada (Frédéric Wang)
    • Incorporar sempre o PostScript estándarcore font set nas exportacións a PDF. Non incorporalos é un comportamento considerado obsoleto e pode provocar problemas de visualización. (Khaled Hosny)
    • Os marcadores de PDF non conteñen os números das notas a rodapé tdf#71645 (László Németh)
    Antes
    Despois

    Novos filtros de importación

    • Filtro de importación do Keynote da Apple (David Tardon)
      • Presentación de exemplo
      • Actualización 2014-02-11: por causa dun erro, a última versión de libetonyek (a biblioteca que manipula a importación de import) non entrou en 4.2.0. En consecuencia, a compatibilidade coas táboas, notas e atributos de formato demórase até 4.2.1.
    A presentación de exemplo aberta no Keynote da Apple (en macOS)
    A mesma presentación aberta no LibreOffice (en Linux)
    Lapela de notas
    • Filtro de importación de AbiWord (Fridrich Štrba)
    Un ficheiro ABW de exemplo aberto no AbiWord
    O mesmo ficheiro ABW aberto no LibreOffice
    Un ficheiro ZAWB (comprimido con zlib) aberto no AbiWord
    O mesmo ficheiro ZABW aberto no LibreOffice
    • Filtro de importación para diversos formatos de libro electrónico, a maioría baseados en Palm (David Tardon)
      • FictionBook 2
      • PalmDoc
      • PeanutPress (eReader)
      • Plucker
      • TealDoc
      • zTXT
      • Desculpas, aínda non hai ePub... pero fiquen á espera de 4.3 :-)
    • Importación de máis tipos de documentos antigos de Mac (Laurent Alonso)
      • Documento Acta Mac Classic
      • Documento Beagle Works / WordPerfect Works
      • Documento Great Works
      • Documento MacDoc
      • Máis documentos Mac v2-3 Document
      • Documentos do Words da WordPerfect

    Interface gráfica

    • Integración no menú dos aplicativos do GNOME3 tdf#48835 (Caolán McNamara)
    Menú Aplicativos de Gnome
    • Equilibrado da lapela de diálogo das lapelas con varias fileiras tdf#66435 Agora, se as lapelas nun diálogo con lapelas ten que pasar a unha segunda liña para se axustar ao espazo dispoñíbel, farao dunha maneira máis equilibrada que evita unha lapela orfa.

    Antes

    Antes da redistribución de diálogos de lapelas con varias filas

    Despois:

    Despois da redistribución de diálogos de lapelas con varias filas
    • Compatibilidade cos escritorios MATE e XFCE Desktops (diálogos nativos Abrir/Gardar dialogs) tdf#46990(Pader Rezso)
    • Engadiuse «Atopar todo» á barra de buscas tdf#64451 (Andrzej J.R. Hunt)
    • As xanelas agrúpanse agora por aplicativo na barra de tarefas do Windows 7 e posteriores (Jesús Corrius)
    Xanelas agrupadas por aplicativo
    • Compatibilidade coa lista de documentos recentes na icona da barra de tarefas no Windows 7 e posteriores (Jesús Corrius e Fridrich Štrba)
    Lista de documentos recentes na barra de tarefas
    • Engadíronse máis tipos de documento ao menú «Abrir con» no Windows (Jesús Corrius)
    • Melloras nas regras: agarre ás marcas da regra, mostrar as marcas sobre os números, suxestións emerxentes (Tomaž Vajngerl)
    Melloras nas regras
    • Incorpórase unha funcionalidade de configuración experta na lapela Opcións (Efe Gürkan YALAMAN). Isto pode ser desactivado configurando EnableExpertConfiguration como falso na configuración do usuario.
    Páxina sobre a configuración
    • Compatibilidade estendida con sistemas de xestión de documentos: agora é posíbel a conexión con GDrive, cun diálogo de propiedades de CMIS para permitir editar (Cuong Cao Ngo)
    • Engadíronse botóns Dereita a esquerda\Esquerda para dereita á barra lateral tdf#67746 (Abdulmajeed ahmed)
    • tdf#71511: Respectar os requisitos de accesibilidade, mais tamén que os usuarios do tema escuro teñan cores decentes por omisión (Bjoern Michaelsen)

    Nova pantalla de inicio

    • A nova pantalla de inicio ten unha disposición máis clara que aproveita mellor o espazo dispoñíbel, mesmo nos ultraportátiles. Permite que o usuario teña unha vista rápida dos documentos abertos recentementos. Pódense arrastrar documentos a ela para abrilos, igual que antes. (Krisztian Pinter, Mirek Mazel, Stefan Knorr, Krzysztof Ponikiewski, Rodolfo Ribeiro Gomes, Tamas Zolnai, Jan Holesovsky)
    Novo Centro de Inicio

    Editor de fórmulas

    • Emprégase o selector de ampliación en Math tdf#63351 (Thomas Arnhold)
    • Os parénteses féchanse automaticamente tdf#43090 (Marcos Paulo de Souza)
    • Math: Funcionalidade nova para engadir cores directamente desde a doca Elementos premendo no sesu nome (Marcos Paulo de Souza)
    Cores no Math

    Iconas planas (Sifr)

    • No LibreOffice 4.2 incluíuse un novo conxunto de iconas. Este conxunto de iconas, chamado Sifr, foi deseñado para acadar o obxectivo global de ter iconas lindas que non distraian e axuden o usuario a concentrarse no documento. (Issa Alkurtas, Norah Abanumay, Pavel Haratický and Ahmad Harthi)
    Writer coas iconas de Sifr

    A cara sorrinte

    • Smiley agora sorri de verdade! (Ahmad Harthi)
    A cara do Smiley antes e despois

    Localización

    Etiquetas de idiomas

    Cambios como resultado da compatibilidade coas etiquetas de idioma de BCP 47 (vexa tamén #Core).

    • Agora é posíbel que o catalán de Valencia [ca-ES-valencia] sexa o idioma do contido dos documentos. tdf#68714 (Eike Rathke)
    • O apaño anterior para a tradución da interface do catalán de Valencia é a gora a etiqueta adecuada [ca-ES-valencia] (Eike Rathke)
    • Todos os apaños anteriores tipo [sh-*] son agora os [sr-Latn-*] adecuados, e mantense a compatibilidade con [sh-*] para os documentos existentes. (Eike Rathke)
    • Engadiuse a etiqueta avó [en-GB-oed] para «inglés, ortografía do Dicionario de Inglés de Oxford» á lista de idiomas. (Eike Rathke)
    • Limpouse o apaño do código de macrolinguas [ku-*] empregado para o curdo escrito en caracteres latinos e escritas diferenciando por país. tdf#63460 (Eike Rathke)
      • ku → kmr-Latn (curdo do norte, escrita latina)
      • ku-TR → kmr-Latn-TR (curdo do norte en Turquía, escrita latina)
      • ku-SY → kmr-Latn-SY (curdo do norte en Siria, escrita latina)
      • ku-IQ → ckb-IQ (curdo central en Iraq, escrita árabe)
      • ku-IR → ckb-IR ((curdo central en Irán, escrita árabe)
      • added sdh-IQ (curdo do sur en Iraq, escrita árabe)
      • added sdh-IR ((curdo central en Irán, escrita árabe)

    Novos idiomas e configuracións locais

    • Engadiuse o ngäbere_panama [gym-PA] á lista de idiomas tdf#66602 (Eike Rathke)
    • Engadiuse o kumyk [kum-RU] á lista de idiomas. tdf#70089 (Eike Rathke)
    • Engadiuse o nogai [nog-RU] á lista de idiomas. tdf#69987 (Eike Rathke)
    • Engadiuse o karakalpak latino [kaa-Latn-UZ] á lista de idiomas. tdf#70217 (Eike Rathke)
    • Engadiuse o ladino [lld-IT] á lista de idiomas. tdf#70530 (Eike Rathke)
    • Engadiuse o puinave [pui-CO] á lista de idiomas. tdf#71454 (Eike Rathke)

    Novos idiomas/configuracións locais con datos de configuración local =

    • Engadíronse os datos de configuración local do ladin_Italia [lld-IT] para compatibilidade total. tdf#70530 (Domingo Sacristan and Eike Rathke)
    • Engadíronse os datos de configuración local do francés (Burkina Faso) [fr-BF]. tdf#71243 (David Delma and Eike Rathke)
    • Engadíronse os datos de configuración local do Bamanankan/Bambara_Mali [bm-ML]. tdf#71361 (JJ Méric and Eike Rathke)
    • Engadíronse os datos de configuración local do Puinave_Colombia [pui-CO]. tdf#71836 (Michael Bauer and Eike Rathke)
    • Engadíronse os datos de configuración local do Árabe_UAE [ar-AE] e Árabe_Kuwait [ar-KW] para as moedas AED e KWD. tdf#71140 (Eike Rathke)

    Melloras nas ferramentas lingüísticas (dicionarios ortográficos, tesauros, padróns de separación con guións

    Información tomada do repositorio do dicionario:

    • As ferramentas do alemán melloráronse moito (de-AT, de-CH, de-DE) con máis de 10.000 palabras engadidas ao dicionario ortográfico do alemán e padróns de separación con guións actualizadas. Por primeira vez, o tesauros do alemán pasa das 100.000 palabras en 28.000 grupos de significados.
    • Engadiuse un dicionario ortográfico de laosiano (lo_LA).
    • Actualizouse o dicionario ortográfico de portugués do Brasil (pt_BR) (Raimundo Moura, Marcos Paulo de Souza e Alexandre Vicenzi)
    • Actualizouse o dicionario ortográfico do castelán.
    • Actualizouse o dicionario ortográfico do sueco.
    • Actualizouse o dicionario ortográfico do francés.
    • Actualizouse o dicionario ortográfico do alemán.
    • Actualizouse o dicionario ortográfico do gaélico escocés (gd_GB).
    • Actualizouse o tesauro de esloveno. (Martin Srebotnjak)

    Adopción do euro

    • Letonia adoptou o euro o 1 de xaneiro de 2014; cambios relacionados: tdf#73239 (Eike Rathke)
      • Engadiuse a modea «EUR» aos datos de configuración local de [lv-LV] e [ltg-LV] e converteuse na moeda predeterminada.
      • Engadíronse os lats letóns «LVL» ao convertedor de euros (Ficheiro ▸ Asistente ▸ Convertedor de euros...).
      • Engadiuse o factor de conversión de 0,702804 dos «LVL» á función de folla de álculo EUROCONVERT() do Calc.
    • Engadiuse tamén un factor de conversión de 15,6466 da corora estona «EEK» á función de folla de álculo EUROCONVERT() do Calc.

    Funcións experimentais

    • Engadiuse unha funcionalidade experimental de transmisión de datos ao vivo (Datos ▸ Fluxos...). Esta funcionalidade é aínda moi experimental e está desactivada por omisión. Hai que escoller a opción Activar funcionalidades experimentais para activala. (Matúš Kukan, Kohei Yoshida)
    Diálogo de fluxo de datos
    • NOVA FUNCIONALIDADE DE PREVISUALIZACIÓN DE TECNOLOXÍA: Conector de SQL Firebird para o Base do LibreOffice (Andrzej Hunt). Ao crear unha base de datos nova, selecciona Firebird incorporado no menú despregábel (hai que activar primeiro as funcionalidades experimentais en Ferramentas ▸ Opcións ▸ LibreOffice ▸ Avanzado). Isto permite crear bases de datos que resultan moito máis rápidas que a HSQLDB 1.8 incorporada anterior, evitando o sobrepeso de C++ a Java inherente a empregar HSQLDB. Planeamos que HSQLDB desapareza nas próximas versións e pretendemos ter un camiño suave de migración a Firebird. Resulta posíbel conectar a bases de datos HSQLDB 2.x modernas mediante a interface nativa de HSQLDB, JDBC.

    Primeiras palabras sobre o Firebird. Mellore, se pode, a descrición seguinte do Firebird: «A integración do Firebird no Base do LibreOffice é un gran paso adiante. O Firebird é unha base de datos SQL relacional madura que cumpre con ACID e conta con compatibilidade multi-plataforama, arquitectura multi-xeracional, integridade referencial e capacidades de rexistro e vixilancia. Ofrece un desempeño alto, concorrencia excelente e potente compatibilidade para linguaxes para procedementos almacenados e disparadores. Ten sido usada en sistemas de produción, baixos diversos nomes, desde 1981.»

    Firebird incorporado
    • No Windows hai unha ponte de accesibilidade experimental para compatibilidade con IAccessible2 (IA2) baseada en código da IBM. Por omisión hase empregar a Ponte de Acceso a Java (JAB) e as funcionalides experimentais de Ferramentas ▸ Opcións ▸ LibreOffice ▸ Avanzado pasan á nova ponte IA2; en LO 4.3 a JAB será retirada en favor de IA2. Comprobe que a súa ferramenta de accesibilidade é compatíbel con IA2 antes de probala; sábese que NVDA funciona. Para máis detalles vexa Development/ia2.

    Desempeño

    Calc

    • A estrutura de almacenamento das celas do Calc foi reescrita por completo para almacenar os valores de celas contiguas en rexións contiguas da memoria para mellorar o lugar de referencia, así como o custo do almacenamento. A nova estrutura permite tamén os cálculos paralelos acelerados de números de celas grandes. (Kohei Yoshida)
    • O Calc agora almacena todas as instancias de cadeas almacenadas en celas e outros lugares diversos para acelerar de maneira signficativa as comparacións de cadeas, tanto as que distinguen maiúsculas de minúsculas como as que non, así como para permitir as comprobacións de igualdade entre cadeas no intérprete de fórmulas baseado en OpenCL. Este cambio tamén acelera a execución de varias funcións das celas (como VLOOKUP) que realizan un número grande de comparacións de igualdade de cadeas. O filtrado de filas mediante o filtro automático, o filtro normal e o filtro avanzado debería ser máis rápido grazas ás cadeas compartidas. (Kohei Yoshida)
    • As celas de fórmulas adxacentes na vertical que conteñan un conxunto detoken de fŕomula agora comparten a súa instancia de matriz de token de fórmula. Isto pode reducir de maneira drástica o uso de memoria de execución do Calco e tamén acelerar automaticamente a actualización das referencias automáticas ao mover celas. (Kohei Yoshida)
    • O filtro de importaicón de XLSX for refeito para acadar unha mellora substancial na velocidade de importación dos documentos en XLSX. A aceleración acadouse movendo moitas das asignacións e desasignacións que se producen durante a fase de análise de XML a fíos separados e tamén refacendo a lóxica do xestor da parte do Calc para reducir as ineficiencias, especialmetne en relación coa importación de celas con fórmulas. (Kohei Yoshida, Michael Meeks, Matúš Kukan)
    • Engadiuse unha importación experimental con varios fíos para os documentos en XLSX. cando se activan as funcionalidades experimentais, o Calc tenta importar os documentos en XLSX empregando varios fíos para así importar varias follas ao mesmo tempo. (Kohei Yoshida, Michael Meeks)
    • Aceleración substancial na exportación de documentos en ODS que conteñan unh número grande de celas con texto enriquecido. Consulte este artigo de blogue para máis detalles. (Kohei Yoshida)
    • Refíxose o almacenamento do almacenamento das notas das celas para que utilicen vecotres multi-tipo, para así mellorar a importación e a exportación de documentos que conteñan un número grande de comentarios nas celas. (Laurent Godard)
    • Desempeño mellorado da función VLOOKUP que emprega referencias externas. (Pierre-Eric Pelloux-Prayer)
    • Desempeño mellorado das funcións SUM, COUNT e SUMIFS. (Kohei Yoshida)

    Infrastrutura

    • Nova API experimental liblibreoffice que permite que (inicialmente) os filtros do LibreOffice poidan ser reutilizados ligando directamente co núcleo do LibreOffice. Isto ten un C sinxelo e API de envoltura C++ e non supón ningunha dependencia do tempo de execución (a través dunha biblioteca estática diminuta / shim) (Michael Meeks)
    • Servidor de símbolos e fonte para o LibreOffice en Windows.
    • Cando agora se produce un erro en Windows resulta fácil obter un trazado inverso ou máis información mediante o Servidor de Símbolos e o Servidor de Fonte. (Fridrich Štrba, Luboš Luňák, Jan Holešovský, Christian Lohmaier)
    • máis información sobre como empregalo.

    Scripts / Base

    • O LibreOffice inclúe agora Access2Base, unha API simplificada para a creación de scripts de Base (e de formularios de base de datos do Writer) na linguaxe de programación Basic. É máis concisa e doada de comprender que o estándar inter-linguaxes da API de UNO.

    Extensións

    Eliminación de funcionalidades / obsolescencia

    Cambios na API

    Retirada de opcións de configuración obsoletas

    Asociacións da linguaxe UNO con C++ e bibliotecas de URE

    Java

    Servizos de novo estilo

    Un número grande de servizos de UNO existentes foron convertidos a servizos de novo estilo, o que permite unha construción máis cómoda e segura con relación aos tipos; isto non ten ningún impacto na compatibilidade co código cliente existente. (Noel Grandin)

    Unpublishing UNO APIs

    Cambios da API de UNO

    Cámbianse as interfaces e servizos de UNO seguintes:

    d259e07e851cafa4e0ca68f7ab18535e82c7aed5

    Retiradas da API de UNO

    As interfaces e servizos de UNO seguintes foron retiradas da API:

    com.sun.star.awt.MenuLogo 9052caae53ef6ec7eeab20f1ac56bd6310b4451b

    Autodoc foi substituído por doxygen

    O SDK non contén máis a ferramenta de documentación documentation 9d93ed7cd1b36830f6d7aedd4e6f15667774de1d.

    A documentación da API de IDL pode ser extraída por doxygen (versión 1.8.4 ou posterior). Pódese descargar desde http://www.stack.nl/~dimitri/doxygen/download.html

    Existen algunhas diferenzas na marcaxe da documentación entre autodoc e doxygen; os avisos que mostra doxygen son útiles para atopar comentarios que haxa que axustar.

    uno-skeletonmaker

    O parámetro da liña de ordes obsoleto --java4 foi retirado da ferramenta uno-skeletonmaker 3cb10e9220da27ca7db2f68007be9e310bdefc4d

    Erros que máis amolan

    Os erros que amolaban seguintes non foron arranxados a tempo e verase de solucionalos na versións de solución de erros normais:

    Erros relacionados coa seguranza

    Aplícanse a esta versión os problemas de seguranza coñecidos seguintes:

    • Documentos protexidos con contrasinal gravados sen cifrar para a recuperación automática (tdf#51819)

    Cambios en ODF

    • Esta versión corrixe o erro ortográfico de «turquise» como estilo de táboa en Impress. Os ficheiros que empreguen este estilo deberían poderse arranxar co método seguinte: Documentation/HowTo/fix odp fdo71428