Instalación de varias versións da LibreOffice en paralelo

    From The Document Foundation Wiki

    Introdución

    Os paquetes LibreOffice son "autocontidos" con poucas dependencias externas. Isto fai posíbel desempaquetalos e poñer o contido en calquera cartafol que o usuario seleccione.

    Isto significa que é posíbel "instalar" LibreOffice en sistemas onde o usuario non ten privilexios suficientes para unha instalación centralizada e, máis pertinente, para ter varias versións que se executan en paralelo. Por isto, o usuario pode realizar probas cunha versión de desenvolvemento sen tocar a instalación estábel, axudando con Informes de erros na versión beta sen afectar usuarios que están escribindo documentos nunha versión estábel.

    Neste artigo preséntase o procedemento para realizar unha "instalación de usuario".

    Nota: O procedemento é diferente para sistemas operativos diferentes (SO), e, dentro de cada SO, para cada un dos diferentes sistemas de empaquetado que utilizan eses SO.

    Linux

    Paso 1: Detección da arquitectura de sistema

    Hai paquetes da LibreOffice para os dous tipos principais de sistemas de paquetes en Linux: RPM e DEB, e para as dúas arquitecturas diferentes, 32-bit e 64-bit.

    Os paquetes de RPM son utilizados en distros de Linux baseadas en Fedora, openSUSE, Mandriva, etc.

    Os paquetes de DEB son utilizados en distros de Linux baseadas en Debian, Ubuntu, etc.

    Se é non está seguro de que arquitectura é a da súa CPU, abra un terminal (konsole en KDE, Gnome Terminal en Gnome...) e escriba

    uname -m

    Se a saída é "x86_64" está executando un sistema de 64 bits. Se a saída é algo como "i386" ou "i586" o seu CPU é de 32 bits. Se a orde uname -i dá unha resposta do tipo "unknown", probe uname -a. Tería que atopar "x86_64" na resposta no caso dunha CPU de 64 bits ou algo como "i386" ou "i586" se ten unha CPU de 32 bits.

    Detectar a arquitectura de CPU correcta é importante xa os paquetes son diferentes para os tipos de CPU.

    Paso 2: Descarga e desempaquetado dos ficheiros de instalación

    Despois de que descargar o paquete correcto (resp. desde aquí para versións previas), desempaquete o paquete, coas ferramentas do seu entorno de computador de escritorio (por exemplo, en KDE: clic dereito ▸ Extraer o paquete aquí) ou utilizando a orde seguinte nun terminal:

    tar -vxzf nome-do-ficheiro

    Crearase un cartafol cun nome similar a LibO_3.3.0rc2_Linux_x86-64_install-rpm_en-EE.UU. Dentro del, e dependendo da versión que descargase, atopará un cartafol chamado RPMS DEBS. Dentro del, atopará algúns outros cartafoles e aproximadamente 50 ou máis ficheiros.

    Paso 3: Arranxo do destino da instalación

    Dentro do cartafol (RPMS ou DEBS), cree agora un cartafol novo cun nome sinxelo, algo como "install" co seu xestor de ficheiros ou coa consola executando mkdir install. Inicie un terminal virtual naquel cartafol (ou, se xa está nunha shell, introduza só cd install para cambiarse a ese cartafol). Desde aí actúe como usuario normal:

    Para paquetes de RPM:

    for i in ../*.rpm; do rpm2cpio $i | cpio -id; done

    Para paquetes de DEB

    for i in ../*.deb; do dpkg-deb -x $i . ; done

    Introduza a orde apropiada exactamente como se amosa! Non omita nin sequera un punto!

    Verá un cartafol novo chamado "opt" con moitos outros cartafoles e ficheiros que conteñen a instalación completa da LibreOffice.

    Paso 4 - Opcional, mais recoméndase para facer probas: Mudar a localización de Perfil de usuario

    NOTA: pode atopar un artigo completo sobre o perfil de usuario aquí.

    De xeito predeterminado, o perfil de usuario almacénase en /.libreoffice/3/usuario

    Pode mudar o cartafol de usuario que se utilizará para a instalación nova editando o ficheiro bootstraprc que se atopa en

    ruta-de-instalación-do-cartafol/install/opt/libreoffice/program/bootstraprc

    Para facer iso, necesita engadir permiso de escritura a aquel ficheiro de modo que poida modificalo. Pode modificar os permisos do ficheiro utilizando calquera das ferramentas do seu entorno de computador de escritorio (por exemplo, en KDE: clic dereito ▸ Propiedades ▸ Permisos e, daquela, cambiar o valor referido ao propietario para que sexa "Pode ler e escribir") ou utilizar a orde chmod na liña de ordes de consola:

    chmod +w bootstraprc

    Ao editar este ficheiro, pode mudar o valor da variábel "InstalaciondeUsuario" de $SYSUSERCONFIG/.libreoffice/3 a calquera outro cartafol da súa elección. Por exemplo,

    UserInstallation=$ORIGIN/..

    (Non omita ningún dos puntos!) Utilizará como cartafol de usuario o cartafol "install", que está un nivel por riba na xerarquía de ficheiro de $ORIGIN.

    Paso 5 - Opcional: Aplicación dun Paquete de lingua

    Despois de desempaquetar o paquete de lingua, do mesmo xeito que se describiu para desempaquetar os paquetes de instalación, obterá un cartarfol "opt" con todo os ficheiros localizados. Abra un terminal no cartafol que contén este novo cartafol opt, e agora pode proceder a facer unha "copia recursiva" daquel cartafol sobre o outro "opt" que contén a suite completa LibreOffice:

    cp -R * ruta-do-cartafol-de-instalación/install/

    Paso 6 - Opcional: Aplicación dun Paquete de Axuda local

    Despois de desempaquetar o paquete da Axuda, do mesmo xeito que se describiu para desempaquetar os paquetes de instalación, obterá un cartafol "opt" cartafol con todos os ficheiros localizados de axuda. Abra un terminal no cartafol que contén este novo cartafol opt, e xa poderá proceder a facer unha "copia recursiva" dese cartafol sobre o outro "opt" que contén a suite LibreOffice completa:

    cp -R * ruta-do-cartafol-de-instalación/install/

    Paso 7: Iniciar o aplicativo

    En

    ruta-de-instalación-do-cartafol/install/opt/libreoffice/program

    Atopará diferentes scripts para iniciar os diferentes aplicativos (apps) LibreOffice: soffice, swriter, scalc, sdraw, simpress.

    NOTA: con esta clase de "instalación de usuario" non pode utilizar o paquete de integración do computador de escritorio, necesitará asociar ficheiros e crear entradas de menú do sistema "á man" - se o desexa (mais non hai ningunha necesidade de facer moita integración no escritorio do computador, é fácil iniciar algún dos aplicativos LibreOffice desde a consola, cambiando ao "cartafol" do programa seguindo o cartafol de instalación anterior (chamado "install") [a ruta enteira podería ser como install/opt/libreoffice3.4/programa] e iniciando o aplicativo desexado: pódese escribir, por exemplo,

    ./soffice

    Para iniciar o aplicativo LibreOffice ou

    ./swriter

    Para iniciar o Writer de Libreoffice (ou ./scalc Para Calc, ./simpress Para Impressr, e así por diante.

    Naturalmente, pode iniciar algún dos aplicativos anteriores de LibreOffice soamente con premer o seu nome de ficheiro ( soffice, swriter, scalc, sdraw, simpress, smath ou sbase') no seu xestor de ficheiros; pero iniciándoos desde unha consola iso dálle algunha información adicional sobre a execución do programa que podería ser útil para o propósito de probar/depurar.

    Windows

    Por favor, se é un usuario de Windows con experiencia en instalacións de administración de OOo/LibO, edite esta entrada. Véxase esta entrada para inspiración [1].

    Unhas pistas previas:

    1. Un cartafol para WIN7 apropiado para os ficheiros de instalación chamaríase algo como <C:\user\user\LOM\>. Xeralmente despois de 'Executar - > Todos os programas -> Accessorios -> Executar - cmd' a xanela de DOS abrirá e amosará un punteiro en <C:\user\user\>, con 'cd LOM' terá os ficheiros de instalación LibreOfficeMaster.
    2. Un cartafol para WIN7 apropiado para a instalación do programa é <C:\LOM\>. Xa que se pode seleccionar destino nun diálogo de WIN, non é difícil de atopar un cartafol para a instalación.
    3. Facer cartafoles novos para
      • ficheiro exe (como: ..\LOunpacked
          • Descarga o programa LO (o ficheiro exe ou, desde novembro cun nome do tipo "algo.msi")
      • Destino de programa (como: ..\LOTEST34RC1)
    1. Se engade algunha versión ou información de data ao nome do cartafol para LOM, pode ter moitas versións. Con vínculos de WIN sinxelos a cada "soffice.exe", recollidos nun cartafol nomeado "TodosMeusLibODiarios" (por exemplo) pode utilizar calquera versión que instalase cun dobre clic simplemente sobre a ligazón.
    Antigo: Instalación con MasterSetup.exe

    (Aplicábel a LibreOffice antes de versión 3.5.0)

    1. Descomprima o ficheiro exe coa ferramenta apropiada como "7-zip" (NON executa o EXE!)
    2. Execute o programa de WIN 'Accessorios - Executar - cmd' (Aparecerá unha xanela de DOS)
    3. Orde DOS cd LOunpacked para cambiarse ao cartafol que ten o setup.exe
    4. Inicie o aplicativo "setup.exe /a" desde "..\LOunpacked" (o WIN atopará o "setup.exe e procederá) e use "<unidade>:..\LOTEST34RC1" como destino
    Novo: Instalación con MasterSetup.msi
    1. Execute o programa de WIN 'Accessorios - Executar - cmd' (Aparecerá unha xanela de DOS)
    2. Orde DOS cd LOunpacked para cambiarse ao cartafol co ficheiro de instalación Masterxxxxx.msi
    3. Orde DOS msiexec /a Masterxxxxx.msi iniciará unha instalación de servidor, use "<unidade>:..\LOTEST34RC1" como destino. O destino debería ser un cartafol público sen ningunha restrición de acceso.
    Continúa (Común)
    1. Use un xestor de ficheiros para atopar o ficheiro "bootstrap.ini" en "..\LOTEST34RC1\program" e se é necesario edite o ficheiro
    2. cambiando desde o orixinal "UserInstallation=$SYSUSERCONFIG/LibreOffice/3"
    3. ao novo: "UserInstallation=$ORIGIN/../Data/settings"


    Durante a primeira execución, o aplicativo porá a configuración do usuario no cartafol chamado "UserInstallation", e LibreOffice estará listo para se executar.

    (Nota: Isto instalará data/settings/user-settings dentro do mesmo cartafol que o aplicativo. Mais non é realmente seguro que algo de "normal-windows-settings" que estea en "../applications/LibreOffice" non teña efectos colaterais. Infórmenos se observa erros.)

    Para iniciar o aplicativo, execute "soffice.exe" desde o navegador de ficheiros ou un atallo de escritorio do computador.

    Nota: Debería manter a vella e a nova versión do ficheiro bootstrap.ini nun sitio seguro.

    MinGW Versión

    As compilacións MinGW soamente hai que descomprimilas, logo poden usarse cun dobre clic sobre soffice.exe que está no cartafol do programa, como se fose unha versión Portable.

    Mac

    Se xa ten unha instalación LibreOffice, por exemplo no "cartafol" de Aplicacións, entón renoméeo diferente antes de instalar unha outra versión de LibreOffice. Por exemplo, se xa ten LibreOffice 3.3.2 no seu sistema Mac, rebautíceo como LO332.

    Agora pode proceder a instalar calquera outra versión de LibreOffice normalmente, i.e., facendo dobre no ficheiro DMG descargado e instalando como de costume.

    A instalación nova compartirá a súa configuración LibreOffice de usuario e perfil. Pódese atopar en /Usuarios/<nome-de-usuario>/Library/Application Support/LibreOffice. Advírtese de que ás veces, as versións novas poden sobreescribir a configuración existente, incluída a lista de extensións dispoñíbeis, facéndoas inaccesíbeis ou non funcionais. Por esta razón, pode querer traballar con cartafoles de configuración de usuario separados.

    Ata, e incluída, a serie 3.3.x, o xeito de separar configuracións no Mac era sinxelamente rebautizar o nome do cartafol de usuario da súa instalación existente do aplicativo LibreOffice. No exemplo dado antes, isto significaría rebautizar o cartafol en Library/Application Suport/ de LibreOffice a LO332. Coa serie 3.4.x , isto xa non funciona. Se sabe como para facelo, compártao explicándoo aquí.