Notas da versión 3.5

From The Document Foundation Wiki
Jump to: navigation, search

Novidades da LibreOffice 3.5

Sobre esta páxina

Esta é unha páxina borrador con anotacións sobre os desenvolvementos ata a publicación da versión. Non inclúa aquí as modificacións que xa foron aplicadas na versión 3.4!

O que debe constar nesta páxina:

  • Unha descrición, e unha maneira adecuada para un revisor encontrar e revisar a nova característica. Considere que a xente está bastante ocupada e con coñecemento modesto do produto. Así, se un elemento da interface do usuario for importante, sexa o bastante explícito sobre onde encontralo. Por exemplo, rutas do tipo Menú ▸ Formatar ▸ Carácter ▸ Guía Posición ▸ 90 graos para pensar o elemento novo. Claro que vostede considera a súa contribución importante e todos deberían ser coñecedoras de súa "caixa de diálogo de Propiedades avanzadas das autoformas", porén nin sempre as persoas que gravan imaxes de pantalla e que escriben sobre o LibreOffice entenden exactamente o novo recurso.
  • Déalles os créditos aos autores principais, as persoas que traballaron na novidade - Coloque os seus nomes entre parénteses
  • Se unha novidade pode ser presentada cun exemplo ou ficheiro de proba - particularmente para ficheiros que conteñan as novidades, será moi bo ter unha ligazón para cargar un ficheiro de proba que poida ser utilizado para amosar de forma ben clara a nova característica. Iso axuda moito a gravar imaxes da pantalla para amosar as novidades, e permítelles aos revisores faceren as súas propias probas.

Grazas por nos axudar a completar esta páxina !!

Xeral

Algoritmo de criptografía distinto

Na LibreOffice 3.5, o algoritmo de criptografia substituirase por un máis popular e seguro (AES-256) para ficheiros protexidos por contrasinal nos formatos de ficheiro ODF 1.2 e ODF 1.2 Estendido. O novo algoritmo será activado de modo predeterminado. O algoritmo actual (Blowfish) en ficheiros ODF 1.2 considérase obsoleto.

En consecuencia:

  • LibreOffice 3.4.4 non admite o algoritmo AES-256.
  • LibreOffice 3.4.5 pode ler ficheiros IDF criptografado co algoritmo AES-256, mais na gravación, un arquivo protexido por contrasinal será gravado co algoritmo Blowfish
  • LibreOffice 3.5.0 pode ler e gravar ficheiros ODF tanto co AES-256 canto o Blowfish. Para ficheiros nos formatos ODF 1.2 e ODF 1.2 Estendido, o algoritmo AES-256 é o predeterminado. Non hai opción de escolla entre os dous algoritmos. Os documentos novos e documentos existentes protexidos por contrasinal nos formatos ODF 1.2 e ODF 1.2 Estendido criptografados co AES-256 ao gravalos no disco.

Nota: A libreOffice das versións anteriores á 3.4.4 non poderá abrir ficheiro protexidos por contrasinal nos formatos ODF 1.2 e ODF 1.2 Estendido gravados pola LibreOffice 3.5. Todos os usuarios de LibreOffice das series 3.3 e 3.4 deberían actualizar as súas versións a LibreOffice 3.4.5 ou posterior.

Os ficheiro criptografados coa LibreOffice 3.5 non se poderán abrir coas versións igual ou anteriores á LibreOffice 3.4.4.

Materia relacionada: tdf#43868 e tdf#40006.

Writer

  • Amosar caracteres non imprimíbeis na fin da liña: Agora, modificar os espazos na fin da liña resulta moi fácil(Bartosz Kosiorek)

Non printable.png

  • Novos tipos de numeración: (Mohammad Elahi)
  1. Palabras persas: ???? ??? ?? ...?
  2. Secuencia de letras árabes abjad: ??? ?? ? ...?
  • Amosar a resolución en PPP (píxel por polgada) de imaxes bitmaps na caixa de diálogo Formatar - Imaxe - guía Recortar. (László Németh)

Ppi.png

  • Interface mellorada para acceder a cabeceiras e rodapés (Cédric Bosdonnat)
    • Cabeceiras e rodapés máis fáciles de acceder e engadir
    • Novos delimitadores de texto permiten revisar rapidamente o que está sendo editado
    • Edite ou retire rapidamente cabeceiras e rodapés sen precisar abrir a formatación dos estilos de páxina.

Design Whiteboard Writer SpecialIndicators 2011-09-09 DailyBuild HeaderFooterTest ImprovementProposals.png

  • Indicadores de quebras de páxina mellorados (Cédric Bosdonnat)
  • A conta de palabras deixou de ser modal e actualízase automaticamente ao teclear (Matt Pratt)
  • O Texto automático "Numeración de fórmula" (fnF3) corrixiuse para a maioría dos idiomas: Sen espazo extra despois da fórmula inserida, a fonte da fórmula inserida segue a fonte predeterminada (tdf#40499, i#75665). Teclee fnF3 ou nfF3 dependendo de seu idioma. (Laurent BP, Caolán McNamara)
  • Caixa de diálogo de impresión: o campo de entrada da páxina amosa a páxina actual tdf#34697 (Cha Duc Tung)
  • Reparacións no deseño (Cédric Bosdonnat)
    • Cando unha parada de tabulación se defina atrás da marxe final, o tabulador utiliza ese valor e non salta para a próxima liña. Engadiuse unha opción de compatibilidade. Así, soamente os novos documentos se comportan desa maneira.
    • Ao importar ficheiros doc, docx e RTF, as numeracións non son separadas en novas liñas se non couberen. Só ocorre para compatibilidade de deseños co Word.
  • Mellorías na corrección gramatical (Cédric Bosdonnat)
    • Retraballo da caixa de diálogo de corrección gramatical para mellor amosar a axuda sobre o erro.
    • Os correctores gramaticais poden engadir un URL opcional para dar máis detalles sobre o erro en SingleProofreadingError::aProperties. A propiedade débese chamar FullCommentURL.New Grammar Checking dlg.png Grammarfullcomment.png
  • O corrector gramatical LightProof está dispoñible en inglés, húngaro e ruso. Para máis detalles, vexa este post. (Laszlo Nemeth)
    • Comprobación predeterminada: puntuación, artigo a/an, espazamento de palabras, maiúsculas en parágrafos, duplicación de palabras simples...
    • Explicacións máis estensas, utilizando artigos relevantes da Wikipedia (e o novo recurso FullCommentURL), véxase enriba.
    • Recursos opcionais: mellor corrección de gramática, conversión de medidas, separación de miles, frases con maiúsculas, guións pequenos e medios, comiñas, comprobación de parénteses.

Grammardefault.png Grammaroptional.png

    • Configuración do corrector gramatical en inglés: En Ferramentas ▸ Xestor de extensións, clic no corrector ortográfico inglés e no seu botón de opcións.Grammarsettings.png
    • extensión do editor de regras do Lightproof:
      • Extensión do Writer con compoñente especial de corrección gramatical + barra de ferramentas do editor do Lightproof.
      • Compilación en tempo de execución e actualización do compoñente de corrección gramatical
      • Depuración das regras do usuario.
        Lightproof editor.png
  • Sumarios agora con hiperligazón predeterminada (Cédric Bosdonat)
  • Capacidade de importación e exportación de comentario en documentos do Office Open XML (docx) (Lubo? Lu?ák)
  • Posicionamento da impresión de etiquetas corrixida (Winfried Donkers) tdf#36874
  • Páxina das opcións para 'Tipos de letra básicas (occidentais)' retirada. Estas opcións son redundantes pois son a mesma cousa que mudar os tipos de letra no estilo directamente (Cédric Bosdonat).
  • Novos recursos de tipografia, a través da importación para o Graphite dos tipos de letra Libertine Open, exemplos: NEWS.pdf e NEWS.odt, documentación: fontfeatures.pdf e fontfeatures.odt (László Németh)
    • Hinting apropiado para publicación dixital coa ferramenta ttfautohint nova do proxecto FreeType (Imaxe: media:Hintingdemo.png, PDF source: media:Hintingdemo.pdf): Hintingdemo small.png
    • Tipos Linux Libertine: nova variante de tamaño Display Regular, fontes negras e seminegras (e tamén a negra e seminegra itálica), moitas outras melloras e reparacións.(Philipp Poll et al., véxase ChangeLog. Utilización: escolla "Linux Libertine Display G" no selector de tipos de letra ao contrario de "Linux Libertine G" para textos por enriba de 16 pt (Nota: actualmente, hai soamente a variante Regular para o Linux Libertine Display). Na formatación de caracteres, seleccione Linux Libertine G Bold para títulos, e Semibold para destaque dentro de parágrafos.
    • Novas ligaduras itálicas (gy, gj, gf, etc.) para Húngaro e moitos novos recursos de tipos de letra para manipulación de ligaduras (ligc, lith, litt).
    • Superíndices estendidos (puntuación, caixa alta e letras latin-1/latin-2, números proporcionados) e versaletas. Utilización: defina "Linux Libertine G:sups=1&pnum=1" para superíndices con números proporcionados, e "Linux Libertine G:smcp=1" para versaletas certas.
    • Diacríticos combinados (traspaso a Graphite dos recursos orixinais do OpenType) para tipos científicos e localización (eg. para IPA e idiomas africanos, esquimó?Inuit etc.)
    • Tipografía mellorada para o "l·l" catalán.
    • Parénteses regulares opcionais en texto itálico (utilización: "Linux Libertine G:para=1").
    • Letras maiúsculas con dobre impacto (utilización: "Linux Libertine G:dbls=1").

Calc

  • Permite 10000 follas e melloras de rendemento para moitas operacións de follas (inserir varias follas debería ser moito máis rápido agora). (Markus Mohrhard)
  • Tratamento de fallos de ligazóns externas DDE máis amábeis. En lugar de devolver as fórmulas con ligazóns rotas en erros, o Calc mantén os valores anteriores e notifica o usuario, a través dunha mensaxe de erro, o fallo na actualización da ligazóns. (Kohei Yoshida)
  • Suavización das liñas dos gráficos actualizada para a especificación do padrão ODF 1.2 (Regina Henschel)
Liñas pechadas suavizadas con splines cúbicas son agora totalmente arredondadas.
Liñas abertas e pechadas suavizadas utilizando unha ?B-Spline? que pasa polos puntos, interpolando entre eles.
  • Nova opción para especificar o número inicial de follas en documentos novos.(Albert Thuswaldner)
Nova páxina de opción.
  • Punto de entrada de datos con múltiples liñas. (Anurag Jain, Noel Power)
New multiline inputbar for Calc.
  • Permite pegar un intervalo simple de células en intervalos múltiples de destino. Permanecen algunhas restricións. (Kohei Yoshida)
  • Novas funcións do Calc BIT.E, BIT.OU, BIT.XOU, BIT.DESLOC.DIR e BIT.DESLOC.ESQ, conforme declarado na especificación ODF 1.2. (Wolfgang Pechlaner)
  • Máis marcadores de punto de datos, adecuados para os 'marcadores predeterminados' na especificación ODF 1.2. O mapeamento dos marcadores para gráficos nos arquivos xls cambiáronse nos casos onde un mapeamento mellor fose posíbel agora. (Regina Henschel)

A lista de todos os marcadores predeterminados dispoñíbeis

  • A paleta predeterminada ten agora novas terminacións de liña, a maioría sen recheo. Algunhas delas son útiles para diagramas UML. Os novos símbolos foron proxectados para se axustar mellor a liñas de 0,02 cm de largura e marcadores con 0,3 cm de largura. Soamente o marcador "semicírculo baleirado" foi proxectado para a largura de 0,45 cm, de forma que poida circundar un círculo cheo como necesario para o símbolo 'interface'. A largura da liña dentro do marcador gradua xunto coa largura do marcador. (Regina Henschel)

Novas terminacións de liñas

  • A orde 'Protexer folla' é agora accesíbel pola guía da folla (Olivier Hallot)

Protexer folla accesíbel pola súa guía

  • A xanela emerxente do Filtro automático reelaborouse, buscando mellor visibilidade e capacidade de crear filtros múltiples. Véxase en neste blog post máis información (en inglés). (Kohei Yoshida)

Nova xanela de filtro automático

  • Novas funcións para o Calc: SEC (secante), COSEC (cosecante), SECH (secante hiperbólica) and COSECH (cosecante hiperbólica), conforme as especificacións do formato ODF 1.2. (Regina Henschel)
  • Caixa de diálogo de nomes de intervalos totalmente remodelada, para traballar mellor con nomes de intervalos locais e facilitar a utilización desas caixas (Christoph Noack, Stefan Knorr, Markus Mohrhard)
Namedrange35.png
  • As preferencias de importación / exportación de ficheiros DBF agora poden gardarse. (Muthu Subramanian)
  • Número ilimitado de regras de formatación condicional. Véxase en Formatar ▸ Formatación condicional. (Robert Dargaud)
Calc unlimited conditional formatting.png

Rendemento

  • Melloría de rendemento para importar documentos Excel con gran cantidade de controis de formularios. (Kohei Yoshida)
  • Melloría de rendemento para importar formatos de células do documentos Excel. (Kohei Yoshida)
  • Melloría de rendemento para importar arquivos ODS, especialmente con documentos con gran número de intervalos nomeados. Véxase en neste blog post máis información (en inglés)(Laurent Godard, Markus Mohrhard, Kohei Yoshida)

Impress / Draw

  • Arcos elípticos na ruta:
Ata hoxe, os arcos elípticos eran ignorados por LibreOffice e OpenOffice.org. Coa versión 3.5, os arcos elípticos son importados e deseñados correctamente.
  • Melloras nas lista de animacións personalizadas
Anteriormente, a lista de animacións personalizadas era tediosa de traballar porque calquera mudanza facía necesario actualizar a lista, e a selección comezaba polo cume da lista. Co 3.5 a selección se mantén na animación recentemente adicionada e mantén as animacións visíbeis ao alterar as súas propiedades. (Luke Symes)
  • Capacidade para incluír paletas de cores e outras listas de propiedades no ficheiro.
Anteriormente, Tiñamos de almacenar no disco local a ligazón para unha lista de propiedades (por exemplo, paleta de cores) - que reflectia na escolla de cores, recheo de bitmaps, hachuras, etc... dispoñíbeis ao usuario. Adicionamos a posibilidade de incluír (selectivamente) as listas de propiedades dentro do arquivo ODF. (Michael Meeks)

EmbedPalette.png

  • Iniciar o Impress sen o asistente predeterminado.
O asistente pode ser activado en Ficheiro ▸ Asistentes ▸ Presentación ou automaticamente en Ferramentas ▸ Opcións ▸ Impress ▸ Xeral ▸ Iniciar co asistente. (Tim Hardeck)
  • Mellora na importación de Formas personalizadas do PPTX: A importación de Formas personalizadas sufriu moitas melloras, con moitos erros resoltos e maiores implementacións novas das predefinicións. A imaxe inferior amosa todas as formas personalizadas.
Presets-3-4.jpg

Véxase como queda o resultado na LibreOffice 3.5:

Presets.jpg

Revise nesta presentación PPTX que ten unha diapositiva con formas personalizadas idénticas ás predefinidas. Na versión 3.5, o resultado debe ser igual á imaxe enriba. As versións anteriores amosarán moitos problemas e erros.

Media:Cshape-all.pptx

  • Compatibilidade mellorada para importar Smart Art.
Redución dos problemas de importación de pptx con. (muthusuba)
Extlst-test.jpg
Compróbeo con esta presentación PPTX:
Media:extlst-test.pptx
  • Melloras para exportar diapositivas ocultas para PDF. Anteriormente, todos as diapositivas se exportaban a PDF. Coa versión 3.5, predeterminada, omitiranse diapositivas ocultas, mais poden incluirse a través dunha caixa de reserva.(Pierre-André Jacquod)

Math

  • Novo símbolo existencial "Non existe" (Julien Nabet)
  • Novos símbolos para expresións da teoría dos xogos (Olivier Hallot)

Math new game theory symbols.

  • Capacidade de exportación e importación de fórmulas matemáticas en documentos do Office Open XML (docx) (Luboš Luňák)

Base

  • Moitos arranxos de erros
  • Driver nativo PostgreSQL. Incluirase dentro da LibreOffice 3.5. O controlador aínda é ten soamente calidade de beta, mais funciona ben (e é moito máis rápido que as alternativas JDBC ou ODBC) para recursos básicos. Continuaremos a mellorar o controlador no ciclo de lanzamentos do LibreOffice 3.6. (Lionel Elie Mamane)

Filtros

  • Filtro de importación para documentos MS Visio.
DNetwork.vsd in Visio
DNetwork.vsd in LibreOffice Draw
OrgChart.vsd in Visio
OrgChart.vsd in LibreOffice Draw
Calendar.vsd in Visio
Calendar.vsd in LibreOffice Draw
  • Reescritura do filtro de importación RTF, véxase aquí para máis detalles (Miklos Vajna)
  • Varias mellorías na importación do DOCX, véxase aquí para máis detalles (Miklos Vajna)

IDE do Basic

  • Nova entrada de menú Amosar ▸ Liñas numeradas para alternar a numeración das liñas do código, á esquerda da xanela do editor Basic. (August Sodora)
  • Nova entrada de menú Amosar ▸ Ir á liña, complementando a numeración superior. (Noel Power)
  • Os controis de diálogos agora teñen botóns de rotación. (Noel Power)

Extensións de instalación (Bundled)

Presenter Console

  • A consola do presentador ten agora o botón "Trocar pantallas" para evitar o erro de que nalgúns casos, a pantalla do proxetor aparece como consola do presentador, no lugar da pantalla do portátil. (Michael Meeks, Stefan Knorr (astron)).

Presconexchg.png

Modificacións principais

Interface do usuario

  • O selector de cores dispoñíbel en Ferramentas ▸ Opcións ▸ Cores, botón Editar foi rescrito para ser máis moderno e fácil de utilizar. Revise no video como funciona: http://www.youtube.com/watch?v=rPu6EmIxkIM&hd=1 (Christian Lippka)
  • Os menús non utilizados das barras de ferramentas foron retirados, e a indicación de iconas ocultas actualizouse para ser máis confortábel; véxase en unha descrición detallada con copias de pantalla (Jan Holesovsky)

New look of toolbars

  • A configuración de cores do software (Ferramentas - Opcións - Aparencia) ten agora as vizualizacións correctas para cores 'automáticas' na lista suspensa.
  • Melloría no zoom: Ao aumentar ou diminuír o zoom con CTRL+roda do rato, a área de zoom quedará centrada na posición do rato e a velocidade do zoom é proporcional á velocidade da roda do rato.
  • Clasificación natural: Os menús relacionan agora os seus ítems con clasificación natural, e.g. "Título 10" agora aparece despois de "Título 9" ao contrario de vir despois de "Título 1". Vexa as capturas de pantalla en antes e despois. Exemplo en ▸ Formatar ▸ Estilos e formatación. (Sébastien Le Ray)
  • Botón adicional para a caixa de diálogo Dixitalizar en unix: (Rob Snelders)

Novo botón para dixitalizar

  • Limpeza substancial e refactorización dos fondos do vcl en unix: Engadiuse a compatibilidade co gtk3, levando vía Broadway, a un prototipo de suite ofimática na Web (Michael Meeks, Lucas Baudin, Caolan McNamara, Cosimo Cecchi)
  • Novas alzas: Novas alzas utilizando as cores Tango que utilizan transparencia alfa para mellorar a usabilidade (Astron). A opción legada de alzas "Modernas" vs. "Simple" foi retirada, e reduciuse a complexidade das barras de ferramentas e a confusión do usuario.(Tim Hardeck, Michael Meeks).

35newhandles.png

  • As barras de ferramentas activadas por contexto foron colocadas embaixo para evitar sobrepor partes importantes do documento. (Tim Hardeck)
  • O Xestor de extensións ten agora 3 caixas de reserva para permitir seleccionar o tipo de extensión que amosar: Instalación, Compartida e Usuario, ou unha combinación dos tres. (Olivier Hallot).

New Extension Manager

  • A caixa de diálogo "Inserir Vídeo e son" ten agora a opción para "Vincular" os datos, permitindo poder incorporar os ficheiros multimedia dentro dos ficheiros ODF.(Michael Stahl)
  • Varios problemas na interface dereita-a-esquerda do GTK+ foron resoltos tornando o LibreOffice máis adecuado á escrita da dereita para a esquerda e consistente coas aplicacións nativas en GTK+ (Khaled Hosny)

Gtk rtl 3.5.png

  • A caixa de diálogo que aparece cando se salvan ficheiros noutros formatos que non son ODF foi perfeccionada para mellorar a interacción. Os textos truncados dos botóns nas traducións reparáronse. (Josh Heidenreich, Andras Timar, William Gathoye)

Confirm file format - Evolution between LibO 3.4 and 3.5 (screenshot)

Rendemento

  • Retirada de grandes cantidades de código 'morto' e innecesario, reducindo o tamaño (Caolan McNamara, Joseph Powers)
  • Limpeza e retirada de filtros para formatos herdados e sen uso actual, para a operación de gravación (Joseph Powers)

Outros

  • Fontes Liberation dispoñíbeis na versión Windows [1] (Olivier Hallot)
  • LibreOffice agora utilizará a *máis nova* versión do Berkeley DB instalada so sistema (en tempo de compilación), e non a máis antiga. (Lionel Elie Mamane)
  • LibreOffice agora acepta acceder ao Java por link simbólico (Lionel Elie Mamane, dun patch do Debian/oo-build)
  • Compatibilidade co Java 7 (1.7). O usuario pode seleccionar entre java 6 ou 7, no caso de que ambos estean instalados.
  • Engadido o mecanismo de revisión de actualizacións, permitindo a descarga manual de novas versións. As actualizacións compróbanse automaticamente en intervalos definidos polo usuario(Jan Holesovsky).

Consultar actualizacións in 3.5.0 Configurar opcións de consulta de actualizacións en 3.5.0

Scripting

  • Python UNO: Agora é posíbel inicializar os membros dunha estrutura UNO por nome en lugar de por posición. Por exemplo:
from con.sun.star.util import Date
d1 = Date(Year=2004, Month=11, Day=2)
d2 = Date(Day=2, Year=2007, Month=5)

Comparado coa inicialización por posición:

from con.sun.star.util import Date
d1 = Date(2, 11, 2004)
d2 = Date(2, 5, 2007)
  • Mensaxes de erro máis consistentes no caso de que a ponte Python UNO falle ao cargar (Lionel Elie Mamane)

Limpeza do código

  • En paralelo coa simplificación do instalador do Windows, o código fonte do setup.exe e a compatibilidade con NSIS foron retirados. (Andras Timar)
  • Grandes cantidades de código sen utilidade en solenv/bin/modules/installer foron retiradas, por exemplo, o empaquetamento para plataformas sen apoio. (Andras Timar)

Localización

  • Engadíronse dicionarios ortográficos para árabe, aragonés, bieloruso, bengalí, bretón, búlgaro, escocés gaélico, grego, guxaratí, hindú, letón, portugués europeo, sinhala, e telugo. (Andras Timar)
  • Actualización do corrector ortográfico VERO para portugués do brasil (Raimundo Moura)
  • Utilización dos nomes de meses no xenitivo possesivo e/ou participativo se está definido nos datos do idioma local (e.g. ruso, polaco, finés, lituano, e outros).
    Se un día do mes (D ou DD) estivese presente nun código de formato de data, o nome do mes de MMM ou MMMM amosarase como xenitivo posessivo ou participativo.
    En caso contrario, se non houbese día do mes, o nome do mes amosarase como nome/nominativo.(Eike Rathke)
  • Correccións dos datos rexionais, especialmente nos formatos de data para polaco [pl-PL], portugués [pt-PT e pt-BR], esloveno [sl-SI], e latín [la-VA]. (Eike Rathke, Martin Srebotnjak, Mateusz Zasuwik, Olivier Hallot, Roman Eisele, Sérgio Marques)

Instalador do Windows

  • No lugar do preinstalador NSIS + cargador setup.exe + ficheiro MSI + ficheiro CAB separado + moitas transformacións de idioma + ficheiros distribuíbeis do VC, agora temos un único ficheiro MSI con todo incorporado. Contén as transformacións de idiomas como subcategorías, distribuíbeis VC como módulos mesturados e ficheiros CAB incorporado, tamén. (Andras Timar)

Erros máis irritantes na versión 3.5.0

Os erros seguintes non foron reparados a tempo e serán resoltos nos lanzamentos seguintes de corrección de erros:

  • LibreOffice <= 3.4.4 non se pode actualizar a 3.5.x directamente; primeiro débese actualizar a 3.4.5 ou desinstalar (tdf#45068)
  • O Writer xera un erro nefasto cando a extensión Readability Report 2.0.0-beta1 está instalada; Atualice a extensión á versión 2.0.4 (tdf#44116)
  • Formatos de ficheiro de XML simple, por exemplo .fodt, non se asocian con LibreOffice de modo predeterminado en Windows; poden abrirse usando o diálogo de LO; tamén se poden asociar con LO manualmente; arranxarase na 3.5.1 (tdf#31624) fixed in 3.5.1
  • A importación de bibliotecas UNO en python poden provocar a falla de python; para rodear o problema, retire dous ficheiros que tamén se empaquetan coa súa distribución /opt/libreoffice3.5/ure/lib/libgcc_s.so.1 e /opt/libreoffice3.5/ure/lib/libstdc++.so.6 (tdf#45696) fixed in 3.5.1
  • algunhas presentacións fallan ao velas nun MAC; serve de axuda desactivar a aceleración de hardware en Ferramentas/Opcións/LibreOffice/Ver/Usar aceleración por hardware (tdf#45584) fixed in 3.5.1

Véxase a lista completa aquí.