Como informar sobre os erros do LibreOffice

From The Document Foundation Wiki
< QA‎ | BugReport
Jump to: navigation, search

Informes de erro do LibreOffice

É o problema realmente un erro ?

Se precisa axuda no uso do LibreOffice, considere a posibilidade de dirixir a pregunta á Lista de correo dos usuarios do LibreOffice.

Busque erros semellantes xa existentes

Antes de crear un informe de erros novo, verifique se alguén xa informou sobre ese erro. De ser o caso, tal vez poida engadir información adicional?

Pídalle a alguén axuda para reproducir o erro

Considere a posibilidade de pedirlle a outra persoa que reproduza o informe de erro na lista de correo users@global.libreoffice.org ou no canal de IRC #libreoffice.

Informar sobre un erro

Os erros dos paquetes do LibreOffice hainos que enviar ao freedesktop bugzilla . Pode informar sobre un erro directamente do produto "LibreOffice".

Dependendo do tipo de erro, pode escoller un compoñente diferente:

  • Para problemas do sitio web do LibreOffice.org, empregue o compoñente WWW
  • Para erros xerais dun aplicativo, empregue os compoñentes Writer, Presentation, Spreasheet Database ou Drawing que corresponda.

Para calquera outro problema, escolla os demais compoñentes. Se preme un compoñente na lista despregábel aparece unha axuda.

Se non está seguro de que compoñente se trata, escolla o compoñente Libreoffice. Un examinador de erros asignaralle o compoñente axeitado.

Faga un informe separado para cada problema!

Se ese sistema de seguimento de erros parece demasiado ameazador con todas as súas seleccións e regras, será mellor que informe sobre o problema nunha lista de correo users@global.libreoffice.org ou en libreofficeforum.org; neles recibirá axuda.

Informar de erros de Ubuntu

A lista actual de problemas específicos de Ubuntu está dispoñíbel aquí:

Só debe informar dun erro específico de Ubuntu se instalou o LibreOffice desde o PPA correspondente. Para informar dun erro específico de Ubuntu, seleccione primeiro a lista actual de problemas e vaia a este formulario e indique libreoffice en In what package did you find this bug? (En que paquete atopou este erro?). Lembre tamén etiquetar o informe con lo33.

Informar dun erro en FreeDesktop.org como se describe máis arriba tamén é útil, dado que estes "informes augas arriba" tamén se poden verificar (e posibelmente probar e arranxar) para outras versións do LibreOffice.

Que incluír nos informes de erros

A información seguinte axúdanos a reproducir ou localizar o problema e deste xeito halle chegar antes a solución:

  • Se non ten moita experiencia informando de erros, lea as directrices para describir erros. Atopará unha ligazón na parte superior da páxina Introduza un erro!.
  • Ademais dos detalles das seleccións despregábeis relacionadas coa versión do sistema e a arquitectura, como por exemplo openSUSE 11.2 on x86_64, 32-bit Windows 7
    • para Linux, que escritorio, como por exemplo KDE or GNOME
  • Version do LibreOffice, como por exemplo 3.2.0. Obtense no diálogo "Axuda/Acerca de LibreOffice". Se utiliza un LibreOffice pre-construído, en Linux diga a versión exacta dos paquetes do LibreOffice que vexa no sistema de xestión de paquetes. No Windows, o nome exacto do ficheiro do instalador e de onde o descargou.
    • Ademais, a información relacionada coa localización instalada e usada (lingua da interface, lingua do documento) podería ser útil.
    • se está a utilizar unha versión de 32 bits do LibreOffice nun sistema de 64 bits (Linux)
    • a fonte do paquete, se non é a construción oficial do LibreOffice build
  • Inclúa un Resumo significativo do problema sobre o que desexa informar:
    • Non: "UI broken" (Falla a interface)
    • Senón: "Menu 'File -> Save as' not available (greyed out)" (O menú 'Ficheiro -> Gardar como' non está dispoñíbel (está en gris))
  • pasos para reproducir o problema. Mencione calquera pequeno detalle, pois podería ser importante.
    • Así que non escriba: "Open document" (Abrir documento)
    • Senón: "In new empty LibO Spreadsheet document, use menu 'file -> open (LibO dialog) - file type "Text documents" -> select attached sample document -> double click' (Nun documento novo e baleiro de folla de cálculo chamado Lib0, vaia ao menú 'ficheiro -> abrir (diálogo Lib0) - tipo de ficheiro "Documentos de texto" -> seleccionar o documento de exemplo anexo -> premer dúas veces)
    • Forneza unha descrición exacta do problema
      • Non: "Formatting not correct" (Formato incorrecto)
      • Senón: "Espero xxx porque yyy, pero vexo zzz
  • outros detalles útiles (p.ex., capturas de pantalla, documentos de exemplo, trazados inversos, strace). Lembre que o documento de exemplo podería non mostrar ese problema se outro usuario o abre cun sistema operativo diferente, con outra configuración de Lib0 ou por outra causa. Así que as capturas de pantalla axudan. Moitas veces unha captura é máis útil se a modifica (con DRAW) engadingo comentarios e marcando as zonas relevantes).

Como obter un rexistro de strace (en Linux)

Na maioría dos casos abonda con iniciar o aplicativo así:

strace -o /tmp/strace.log -f -tt -s 512 libreoffice

A continuación, seguir os pasos para reproducir o problema e saír do aplicativo. O comando libreoffice pódese substituír por /opt/libreoffice/program/soffice especificamente se non se ten a integración do escritorio instalada.

Comprima o rexistro antes de o anexar ao informe de erro:

bzip2 /tmp/strace.log

Se o LibreOffice de 32 bits se está a executar nun sistema de 64 bits, hai que instalar o paquete strace-32bit e iniciar o binario de 32 bits directamente:

cd /opt/libreoffice/program
strace32 -o /tmp/strace.log -f -tt -s 512 ./soffice.bin

Como obter un trazado inverso (en Linux)

O trazado inverso é útil cando o aplicativo ten un fallo fatal ou cando se conxela. Pode seguir estes pasos:

  1. Instale os paquetes libreoffice*-debuginfo de dispor deles. Se non os ten, o trazado inverso é menos útil, aínda que podería tamén fornecer algo de información cando menos.
  2. Inicie o depurador co binario real e rexistre a saída:
    cd  /opt/libreoffice/program
    
    gdb ./soffice.bin  2>&1 | tee /tmp/gdb.log
    
  3. Dentro do depurador, inicie o aplicativo:
    run
    
    Se ten que indicar opcións na liña de ordes do LibreOffice, empregue run <options>, como por exemplo run -writer ou run /path/to/document.odt
  4. Siga os pasos para reproducir o fallo ou conxelación do aplicativo. Se é que se conxela, ten que premer CTRL-C en gdb para que volva a liña de ordes gdb commandline.
  5. Produza o trazado inverso:
    backtrace
    
  6. Produza o trazado inverso de todos os fíos:
    thread apply all bt
    
  7. Saia do depurador
    quit
    
  8. Anexo todo o gdb.log ao informe de erro.


Como obter un rexistro de valgrind (en Linux)

O rexistro de valgrind é útil cando o aplicativo ten un fallo fatal ou se conxela e non abonda co trazado inverso. Pode seguir estes pasos:

  1. Instale os paquetes libreoffice*-debuginfo. (de estaren dispoñíbeis e na súa distribución de Linux)
  2. Inicie o depurador co binario rela e rexistre a saída:
    cd /opt/libreoffice/program
    
    valgrind  --tool=memcheck --num-callers=128 --trace-children=yes ./soffice.bin  2>&1 | tee /tmp/valgrind.log
    
  3. Siga os pasos para reproducir o fallo ou conxelación do aplicativo. Teña en conta que normalmente funciona ben co valgrind porque axuda a manter a memoria limpa. En calquera caso, debería detectar o perigo e pór algunha información útil no rexistro. Teña en conta que o valgrind imprime advertencias todo o tempo. Hai que pasar polos pasos problemáticos para que os datos importantes vaian ao rexistro.
  4. Saia do LibreOffice
  5. Comprima valgring.log se ten máis de 10kB
    bzip2 /tmp/valgrind.log
    
  6. Anexe o rexistro ao informe de erro.