Notas sobre a versión 4.3 do LibreOffice
TDF LibreOffice Document Liberation Project Community Blogs Weblate Nextcloud Redmine Ask LibreOffice Donate
Cambios no LibreOffice 4.3
Sobre esta páxina
Este é un caderno de notas no que se van apuntando as novidades segundo se van incorporando. Traduce a versión en inglés orixinal, que é na que se realiza ese traballo. Non incorpore novidades ou suxestións aquí. Os cambios introducidos na versión anterior, a 4.2, constan aquí.
Writer
Aumento do límite de caracteres nos parágrafos
- Incrementouse a limitación de 16 bits de caracteres (65,535) dos parágrafos do Writer a 32 bits (2,147,483,647). Resulta especialmente útil para as configuracións xeográficas nas que existe o requisito de levantar actas de reunións nun único parágrafo. tdf#30668, i#17171 (Caolán McNamara)
- Os botóns de navegación foron trasladados desde debaixo da barra de desprazamento para a barra Atopar (Samuel Mehrbrodt, Equipo UX-Advise)
Botóns para aumentar/reducir o tamaño do tipo de letra
- Eliminouse a limitación a 72pt do botón de aumento do tamaño do tipo de letra. tdf#73414 (Maxim Monastirsky, Caolán McNamara)
- Tamén se engadiu a funcionalidade de aumentar/reducir o tamaño da letra dos obxectos de debuxo. commit (Maxim Monastirsky)
Importación/Exportación de DrawingML
- Filtro de importación/exportación de DOCX baseado en drawingML e completamente novo para figuras e marcos de texto. Para máis detalles, vexa esta entrada de blogue. (Miklos Vajna)
Experimente con este documento DOCX de exemplo
Importación/Exportación de comentarios aniñados
- Importación e exportación de comentarios aniñados nos filtros de ODF, DOC, DOCX e RTF i#123792 (Oliver-Rainer Wittmann - Apache: filtro de ODF e parte de importación de DOCX , Miklos Vajna: exportación de DOCX e partes dos filtros de RTF/DOC)
Ampliación proporcional das imaxes
- As imaxes agora amplíanse proporcionalmente de maneira predeterminada; a ampliación libre está dispoñíbel mantendo premida Maiúsculas. tdf#71669 (Tomaž Vajngerl)
Azul solarizado para os caracteres que non se imprimen
- Emprégase a cor «azul solarizado» para os caracteres que non se imprimen (de momento non dispoñíbel en macOS).tdf#68071 (Tomaž Vajngerl)
Melloras de ancoraxe dos marcos de texto relativos
- Agora acéptanse varias relacións nos marcos de texto relativos. Para máis detalles vexa esta entrada de blogue. (Miklos Vajna)
Alineamento vertical dos marcos de texto
Agora é posíbel alinemar verticalmente o texto (e demais contido) dos marcos de texto. Pódense configurar na lapela «Opcións». (Zolnai Tamás)
Impresión de comentarios nas marxes
Agora é posíbel imprimir os comentarios a carón do texto na marxe dereita, tal e como aparecen na pantalla. As páxinas redúcense de tamaño para deixar sitio para que os comentarios caiban no tamaño de papel que se empregue. tdf#36815 (Caolán McNamara)
Formato para todos os comentarios
Agora é posíbel estabelecer as propiedades de carácter de todos os comentarios ao mesmo tempo para reformatar todos os comentarios dun documento ao mesmo tempo (Caolán McNamara)
Xestión dos guións brandos compatíbel con Unicode
Os guión brandos poden ocasionar separación con guións non normativa, segundo o estándar deUnicode e a xanela de diálogo de separación con guións (baseados en guións brandos) suxire tamén eses puntos de separación. tdf#44314 (László Németh)
Compatibilidade coa separación con guións non estándar nos dicionarios do usuario
Nos dicionarios definidos polo usuario é posíbel agora empregar un bloque [] no canto de símbolo = para indicar cambios de caractres antes da quebra da separación con guións. Cambios de caracteres posíbeis:
- Caracteres extra, como por exemplo tug[g].gumi resultan na separación correcta “tugg- gummi” da palabra sueca “tuggummi”.
- A retirada de caracteres indicada cunha cifra, por exemplo paral·[1]lel, resulta na separación correcta “paral- lel” da palabra catalá “paral·lel”, retirando un carácter antes do punto de quebra.
- Tanto os caracteres retirados como os extra, por exemplo cafee[2é]tje, resultan na separación correcta “café- tje” da palabra holandesa “cafeetje”, retirando dous caracteres antes do punto de quebra e engadindo un extra.
Nota: tamén é posíbel completar a separación con guións do holandés, noruegués, sueco, catalán e húngaro sen a modificación dos patróns de separación con guións tipo Tex empregando un ficheiro de dicionario compartido definido polo usuario. (László Németh)
LibreLogo
Melloras en LibreLogo, o ambiente de programación tipo Logo de LibreOffice para o deseño gráfico e a educación:
- Varios arranxos na interface de usuario
- Novas ordes PENTRANSPARENCY, FILLTRANSPARENCY para indicar a transparencia após usar PENCOLOR, FILLCOLOR.
As gradacións de cor e de transparencia admítense agora mediante as ordes FILLCOLOR e FILLTRANSPARENCY. (introduction)
- Para información adicional, vexa o novo portal para as noticias exemplos de LibreLogo LibreLogo.org
Calc
Realzado das celas máis intelixente nas fórmulas
- O realce do borde de varias instancias da mesma cela, ao seleccionar unha fórmula, reciben agora a mesma cor. Após calcular unha fórmula longa, as celas poden ser referenciadas facilmente coa fórmula, dado que reciben a mesma cor, isto é, o realce da cela e o nome da cela na fórmula. tdf#52461 (Rachit Gupta)
Número de filas e columnas seleccionadas na barra de estado
- Ao seleccionar celas, o número de filas e columnas seleccionadas aparece na barra de estado. tdf#64290 (Manmeet Singh)
- Zona de lapelas das follas: ao expandirse o espazo dispoñíbel para as lapelas das follas aprovéitano mellor. (Michael Meeks)
Inicio da edición do contido das celas co contido da cela superior
- Permitir iniciar a edición das celas co contido das celas superiores como contido inicial. Isto vai ligado por omisión á tecla Ctrl + ' (vírgula simple). Nota: Nalgunhas configuracións rexionais este atallo de teclado pode entrar en conflito cos atallos predeterminados do sistema. Se o atallo predeterminado non funciona por causa dun conflito, lígueo a un atallo diferente). (Kohei Yoshida)
En esta entrada de blogue para máis detalles. tdf#37132 and tdf#75834 related (Eike Rathke)
▸ ▸ ▸ en ▸ ▸ , o usuario pode seleccionar como ha de ser tratado o contido textual das celas nas operacións aritméticas. Vexa taménMellora da disposición das táboas dinámicas
O campo «datos» aparece agora en columnas de maneira predeterminada e pode ser movido a filas se se precisa. Isto acelera moito a xeración de táboas dinámicas útiles a partir de fontes de datos grandes. tdf#77927 (Tomaž Vajngerl)
Motor de fórmulas
- Engadíronse as funcións de folla de cálculo GAMMA.DIST, GAMMA.INV e GAMMALN.PRECISE para compatibilidade co Excel. tdf#71936 (Winfried Donkers)
- Engadíronse as funcións de folla de cálculo LOGNORM.DIST, LOGNORM.INV, NORM.DIST, NORM.INV, NORM.S.DIST e NORM.S.INV para compatibilidade co Excel. tdf#72158 (Winfried Donkers)
- Engadíronse as funcións de folla de cálculo T.DIST, T.DIST.2T, T.DIST.RT, T.INV, T.INV.2T e T.TEST para compatibilidade co Excel. tdf#72793 (Winfried Donkers)
- Engadíronse as funcións de folla de cálculo PERCENTILE.EXC, PERCENTILE.INC, PERCENTRANK.EXC, PERCENTRANK.INC, QUARTILE.EXC, QUARTILE.INC, RANK.EQ e RANK.AVG para compatibilidade co Excel. tdf#73146 (Winfried Donkers)
- Engadíronse as funcións de folla de cálculo MODE.SNGL, MODE.MULT, NEGBINOM.DIST e Z.TEST para compatibilidade co Excel. tdf#72197 (Winfried Donkers)
- Engadíronse as funcións de folla de cálculo MODE.SNGL, MODE.MULT, NEGBINOM.DIST e Z.TEST para compatibilidade co Excel. tdf#72197 (Winfried Donkers)
- Engadíronse as funcións de folla de cálculo FLOOR.PRECISE, CEILING.PRECISE e ISO.CEILING para compatibilidade co Excel. tdf#71720 (Winfried Donkers, Eike Rathke)
- Engadíronse as funcións de folla de cálculo NETWORKDAYS.INTL e WORKDAY.INTL para compatibilidade co Excel. tdf#73147 (Winfried Donkers)
- Engadíronse as funcións de folla de cálculo ERF.PRECISE and ERFC.PRECISE para compatibilidade co Excel. tdf#73149 (Winfried Donkers)
Activación do resolvedor CoinMP
Anteriormente o LibreOffice incluía o resolvedor Ipsolver; agora é posíbel construír tanto o resolvedor Ipsolve como o coin-mp. (Matúš Kukan)
Asistente de estatísticas (alternativa ao engadido «Analysis Toolpak» de Excel)
En Asistente de estatísticas
▸- engadiuse Análise bifactorial de varianza (ANOVA) Tomaž Vajngerl)
- engadiuse F-test. tdf#74663 (Tomaž Vajngerl)
- engadiuse t-test. tdf#74668 (Tomaž Vajngerl)
Xeración de números aleatorios
Na caixa de diálogo de xeración de números aleatorios tdf#76718 (Tomaž Vajngerl)
▸ ▸ , agora é posíbel limitar de maneira opcional o número de decimais nos números aleatorimacOSerados.Impress e Draw
Número de páxinas
- As diapositivas agochadas non se inclúen máis no campo de cálculo do «Número de páxinas», para así evitar confusións tdf#74383 (J. Fernando Lagrange)
Axuste das diapositivas á xanela
Engadiuse unha icona á barra de estado para permitir que a diapositiva activa se axuste á xanela cun único clic (Caolán McNamara)
Diapositivas seleccionadas/non seleccionadas co rato sobre o panel de diapositivas
Agora é posíbel distinguir entre as diapositivas que estean seleccionadas e as que non ao activar o realce ao pasar por riba co rato rhbz#1096295 (Caolán McNamara)
Modelos en 3D
Agora o LibreOffice acepta inserir modelos en 3D no formato glTF nas presentacións (empregando libgltf). Para empregar esta funcionalidade, vaia a ▸ ▸ . Actualmente esta opción está dispoñíbel para Windows e Linux. (Zolnai Tamás, Jan Holesovsky, Markus Mohrhard).
- Modelo estático: Parrulo
- Modelo animado: Monstro
Compatibilidade limitada con modelos en 3D nos formatos *.dae e *.kmz (empregando collada2gltf). (Zolnai Tamás, Matúš Kukan).
Para máis información sobre a compatibilidade con módelos en 3D, vexa este artigo de blogue.
Base
- LibreOffice inclúe unha versión nova de Access2Base; vexa Scripting / Base para os detalles.
Chart
Asignación de propiedades
- Engadiuse a funcionalidade de asignación de propiedades para as gráficas, que permite cambiar as propiedades das series de datos a partir dos valores da folla de cálculo. Para máis detalles, vexa this blog entry (Markus Mohrhard)
Núcleo
Accesibilidade
- No Windows, IAccessible2 é agora a única opción de tecnoloxía de axuda. Retirouse a compatibilidade con Java Accessibility Bridge e xa non é preciso activar as funcionalidades experimentais nas opcións avanzadas para activar a compatibilidade coa tecnoloxía de accesibilidade.
- Engadíronse papeis novos e especializados para documentos específicos de texto, folla de cálculo e presentacións. tdf#39944 (blog post) (Jacobo Aragunde)
- Mellorouse a asignación entre papeis de ATK e LibreOffice facendo coincidir papeis máis ou menos novos de ATK cos existentes de UNO. tdf#39944(blog post) (Jacobo Aragunde)
- Expúxose o cambio de papeis entre un título e un parágrafo mediante un evento de accesibilidade de UNO. tdf#35105(blog post) (Jacobo Aragunde)
- Retiráronse eventos innecesarios de text-attributes-changed ao escribir. tdf#71556 (Jacobo Aragunde)
- Notificación das palabras mal escritas a accesibilidade. tdf#71558 (Jacobo Aragunde)
- Emprego do texto de axuda rápida como nome accesíbel dos botóns da barra de ferramentas a non ser que se indique explicitamente. tdf#74681 (Jacobo Aragunde)
VCL (Caixa de ferramentas da interface gráfica)
- Reorganización interna e limpeza do código de VLC (Chris Sherlock)
Opcións / Xeral
CUPS, máquinas de fax e spadmin
LibreOffice detecta agora automaticamente que as impresoras fax4CUPS son máquinas de fax e pide o número de fax ao imprimir nelas. Pódense introducir varios números separados por vírgulas.
Admítense agora outros controladores de impresión que conteñen opcións personalizadas que poden ter calquera texto ou número. Polo tanto, para estabelecer o número de teléfono dos controladores de impresión das máquinas de fax que empreguen unha opción personalizada para esa finalidade é posíbel introducir o número na lapela do dispositivo das propiedades de impresión.
A utilidade gráfica spadmin foi retirada en favor destas funcionalidades e as ferramentas de administración da impresión normais do sistema operativo. (Caolán McNamara)
Filtros
Importación de PDF mellorada
- Importación de xuntas e remates de liña tdf#45003 (Vort, Funcionalidade patrocinada)
- Mellora da presentación e edición do texto xirado tdf#77105, tdf#45001 (Vort, Funcionalidade patrocinada)
- O espazo en branco detéctase correctamente tdf#35143 (Vort, Funcionalidade patrocinada)
- Detección correcta das cores tdf#37246 (Vort, Funcionalidade patrocinada)
- Colocación correcta do texto xirado tdf#44710 (Vort, Funcionalidade patrocinada)
- Arranxo de problemas de liñas que se amoreaban tdf#49431 (Vort, Funcionalidade patrocinada)
- Engadiuse a compatibilidade con trazos tdf#78241 (Vort, Funcionalidade patrocinada)
Mellora na compatibilidade con OOXML
- Compatibilidade inicial coa importación de OOXML Estrito nos formatos DOCX, XLSX e PPTX. Para máis detalles, vexa esta entrada de blogue. (Markus Mohrhard, Miklos Vajna)
- Compatibilidade cos temas de tipos de letra: detección e renderizado dos tipos de letra adecuados e mantemento dos atributos de temas de tipos de letra. Detalles en esta entrada de blogue. (Jacobo Aragunde)
- Mantéñense as cores de temas nos tipos de letra, parágrafos e celas de táboas. (Jacobo Aragunde, , entrada de blogue))
- Mantéñense os atributos de estilo nas formas e táboas. (Jacobo Aragunde, entrada de blogue))
- Mantéñense as cores de temas de liñas e enchido nas formas, incluídas as transformacións de cores. (Jacobo Aragunde, entrada de blogue)
- Mantense o enchido de formas gradación; aínda que o renderizado non é preciso, a información sobre a gradación consérvase por completo ao exportar. (Jacobo Aragunde)
- Grávanse as follas de cálculo, presentacións, etc. incorporadas incluídas nos documentos en docx. (Jacobo Aragunde)
- Mellorouse na compatibilidade coas Etiquetas Estándar de Documento: solucionouse a exportación dos controles de data e botón de selección, solucionouse a importación dos controles das listas de elección reutilizando os controles de listas despregábeis e mantéñense os demais tipos de etiquetas. (Jacobo Aragunde, entrada de blogue)
- Mantéñense os efectos sobre as formas e as imaxes, incluídos os efectos 3D e os efectos artísticos. (Jacobo Aragunde)
- Xestión mellorada do seguimento de cambios de Writer nos textos de formas de grupo. (Miklos Vajna, entrada de blogue)
- Os nomes de axuste de formas expórtanse agora segundo a especificación. tdf#73215 (Miklos Vajna)
- A importación de VML xestiona agora parámetros de ordes opcionais. commit (Miklos Vajna)
- Melloras na exportación a drawingML do enchido de formas con patróns. commit (Miklos Vajna)
- A importación de DOCX xa xestiona as fusións horizontais explícitas das celas das táboas. tdf#65090 (Miklos Vajna)
- A importación de DOCX xa xestiona as táboas flutuantes ancoradas dentro das táboas. tdf#74357 (Miklos Vajna)
Novos filtros de importación
- Follas de cálculo e bases de datos do Works da Microsoft (Laurent Alonso)
- Unha chea de formatos antigos para Mac (Laurent Alonso)
- follas de cálculo: BeagleWorks, ClarisWorks, Claris Resolve, GreatWorks, MacWorks, Wingz
- imaxes vectoriais e de mapas de imaxes: BeagleWorks, ClarisWorks, GreatWorks, MacPaint, MacWorks, SuperPaint
Interface gráfica
- Dispoñíbel a partir de 4.3.1Ficaba un bordo de 1px arredor do Centro de Inicio, que xa foi retirado. 2b2d1bbaf9af0ec177e27fd930cd63c6bfdc2ab9 (Adolfo Jayme Barrientos)
- Dispoñíbel a partir de 4.3.1Traballouse a cor de fondo e unificouse coa das regras, alixeirando e mellorando a aparencia prededeterminada. tdf#51534, tdf#79278 (Michael Meeks, Adolfo Jayme Barrientos)
Iconas Tango anovadas
- O conxunto de iconas predeterminado Tango recibiu una anovación xeral, incluído o engadido de iconas novas para a barra lateral.(Alexander Wilms, Miroslav Mazel)
Renderizado nativo do fondo en macOS
- Renderizado nativo do fondo das barras de ferramentas en macOS. tdf#69358 (Joren De Cuyper, Jan Holesovsky, Tor Lillqvist)
Melloras nos selectores de cores
- O selector de cor de liña emprega agora unha paleta de cores no canto dunha lista. tdf#46839 (Maxim Monastirsky)
- Varios selectores de cores foron convertidos a botóns partidos, o que permite aplicar a última cor empregada cun só toque do rato. Inclúense: cor do tipo de letra (Impress, Draw), cor do tipo de letra dos obxectos de debuxo (Writer, Calc), cor de liñas, cor de extrusión 3D.
commit (Maxim Monastirsky)
Melloras no Centro de Inicio
- Vista previa de todos os tipos de ficheiro no centro de inicio, non só de ODF. tdf#72469 (Jan Holesovsky)
- Eliminación selectiva dos documentos recentes (Jan Holesovsky)
Compatibilidade inicial con HiDPI
- Algo de compatibilidade con HiDPI para Linux e Windows; a maioría dos parches foron portados para 4.2.3 (Keith Curtis, Jan Holesovsky, Caolán McNamara, Andrzej Hunt)
Barra de progreso para os documentos en DOCX
- A importación de DOCX conta tamén agora cunha barra de progreso tdf#58044 (Miklos Vajna)
Localización
Compatibilidade con tipos de letras
- Dispoñíbel a partir de 4.3.1Agora incluímos a Source Sans Pro 2.0 da Adobe, que inclúe un intervalo de caracteres moi ampliado. Agora acepta os sistemas de escrita cirílico,grego e IPA, axusta varios diacríticos e engade o novo signo da rupia rusa (
₽
,U+20BD
, incluído desde Unicode 7.0). tdf#81095 (András Tímar)
Idiomas/Formatos rexionais novos na lista de idiomas
Dispoñíbeis para a atribución de caracteres e a corrección ortográfica.
- Engadiuse maninkakan, oriental, latín [emk-Latn-GN]. tdf#74672 (Eike Rathke)
- Engadiuse ávaro [av-RU]. tdf#75161 (Eike Rathke)
- Engadiuse cree, Plains, Latin [crk-Latn-CN] and Syllabics [crk-Cans-CN]. tdf#73973 (Eike Rathke)
- Engadiuse lengo [lgr-SB]. tdf#72512 (Eike Rathke)
Idiomas/Formatos rexionais novos con datos de formato rexional
Dispoñíbeis como idioma predeterminado do documento e para formatos rexionais específicos.
- Engadiuse os datos rexionais de lengo [lgr-SB] locale data. tdf#72512 (pcunger, Eike Rathke)
- Engadiuse datos rexionais de moore [mos-BF], tdf#78647 (David Delma, Eike Rathke)
- Engadíronse os datos rexionais para o francés (Costa de Marfil) [fr-CI] locale data. tdf#79348 (David Delma, Eike Rathke)
- Engadíronse os datos rexionais para o francés (Malí) [fr-ML] tdf#79349 (David Delma, Eike Rathke)
- Engadíronse os datos rexionais para o francés (Senegal) [fr-SN]. tdf#79350 (David Delma, Eike Rathke)
- Engadíronse os datos rexionais para o francés (Benín) [fr-BJ]. tdf#79351 (David Delma, Eike Rathke)
- Engadíronse os datos rexionais para o francés (Níxer) [fr-NE]. tdf#79352 (David Delma, Eike Rathke)
- Engadíronse os datos rexionais para o francés (Togo) [fr-TG]. tdf#79353 (David Delma, Eike Rathke)
Adición dunha etiqueta nova para os idiomas
Nos diálogos de atribución de caracteres, a caixa de lista (do tipo de letra occidental se CJK ou CTL están activados) é agora unha caixa de opcións cun campo de edición no que o usuario pode indicar unha etiqueta de lingua BCP 47 correcta para definir un atributo de idioma do texto se o idioma que desexa asignar non está dispoñíbel na lista. (Eike Rathke)
Desempeño
- Melloras no algoritmo de reordenación de datos ordenados. A ordenación de zonas grandes que conteñan columnas de fórmulas idénticas é notabelmente máis rápido (Michael Meeks)
- A importación de documentos OOXML con moitas relacións é moito máis rápido. (Kohei Yoshida, Michael Meeks)
- A importación de hiperligazóns de DOCX viuse moi acelerada. tdf#76563 (Miklos Vajna)
Scripts / Base
Nova versión de Access2Base
O LibreOffice incorpora Access2Base V1.1.0, unha API simplificada para scripts de Base (e formularios de base de datos almacenados en documentos de Writer, Calc,...) na linguaxe de programación Basic. É máis concisa e doada de aprender que a API de UNO estándar inter-linguaxes. A versión actual permite o acceso dinámico aos datos desde calquera macro en Basic, inluído, só como exemplo, desde unha función definida polo usuario invocada nunha fórmula dunha cela de Calc. (Jean-Pierre Ledure)
Eliminación de funcionalidades / obsolescencia
- Retirouse a exportación ao formato de ficheiro OpenOffice.org 1.0 XML; recoméndaselles aos usuarios gravar en ODF, que é un substituto perfecto que é mellor en todos os aspectos. Importar os ficheiros antigos é aínda posíbel. (Bryan Quigley)
- A barra lateral en Draw non ten máis o panel «Inserir formas». tdf#73070 (Rob Snelders)
Cambios na API
Limpeza das macro de OSL
- Retirouse _OSL_GLOBAL df2c663fef3435a8c3d541b364780876229ccd29
- Retirouse OSL_DEBUG_ONLY 22ab56f5e35dff58e1923b693dc33ff252293557
Asociacións da linguaxe UNO con C++ UNO e bibliotecas de URE
- Cambiáronse todas as funcións en C++ na liña que tomaban un parámetro
sal_Bool
como valor ou que devolvíansal_Bool
para que empreguen en troquesbool
. Isto debería ser transparente no código cliente e, en principio, pode axudar os analistas estáticos a producir mellores diagnósticos.
Cambios na API de UNO
Retirada de XInitialization de implementacións dun servizo
- com.sun.star.comp.document.OwnSubFilter dbd640e501b559e6910950d33b0cfd297d3a1cfd
- com.sun.star.comp.embed.DocumentCloser 9f6534100c470fb7d15b5d72821ea33fcce01983
- com.sun.star.comp.framework.DocumentAcceleratorConfiguration 7dca32d575ab974e5f42f579bdeda21d2e445efe
- com.sun.star.comp.sfx2.IFrameObject 21bc6014f7d334c84288c748b8012484dcbe4ca7
- com.sun.star.comp.sfx2.SfxMacroLoader 90a1232fb3a38bcf67ed2b1f195206041bca4174
- com.sun.star.comp.sfx2.AppDispatchProvider 8c6342c25896e515869500f538370de336b123c7
- com.sun.star.comp.framework.ModuleUIConfigurationManager 72b5343bd16deec540d8cd148cd7aebd74e92c16
- com.sun.star.comp.framework.ModuleAcceleratorConfiguration 42fc427d047a263185d89528953f980019ef815f
Resulta obsoleto com.sun.star.lang.XTypeProvider.getImplementationId
As implementacións deberían simplemente devolver unha secuencia baleiro e os clientes deberían estar preparados para obter de maneira rutinaria secuencias baleiras (o que xa podía acontecer no pasado) ou (mellor) non chamar este método de vez. dd1050b182260a26a1d0ba6d0ef3a6fecc3f4e07
Compatibilidade de plataformas
Windows
- O ambiente de compilación foi actualizado para Windows (Windows SErver 2012R2 con Visual Studio 2012).
Mac
- As construcións de 32 bits de macOS e versións 10.6 e 10.7 decláranse obsoletas.
Erros que máis amolan
Os erros que amolaban seguintes non foron arranxados a tempo e verase de solucionalos na versións de solución de erros normais: