Benvida ou benvido ao wiki de The Document Foundation
TDF LibreOffice Document Liberation Project Community Blogs Weblate Nextcloud Redmine Ask LibreOffice Donate
Esta wiki está en proceso de construción e pretende fornecer no futuro información sobre as nosas ideas, proxectos, visión, obxectivos e produtos aos que calquera persoa pode contribuír. O web oficial do equipo galego : Proxecto Galego de LibreOffice
A páxina oficial da Fundación pode visitarse aquí: www.documentfoundation.org.
LibreOffice 7.1.2
LibreOffice 7.1.2 é a versión máis recente e con máis funcionalidade.
- Descargue o LibreOffice 7.1.2
- Notas sobre as versións 7.1.x do LibreOffice e as súas funcionalidades
- Explicacións sobre como informar dos fallos / Calidade
LibreOffice 7.0.5
Segura para a maioría dos usuarios e empresas.
Wiki
Este wiki está en proceso de desenvolvemento, e irá expoñendo as nosas ideas, proxectos, visións, obxectivos e produtos. Todos están invitados a contribuír.
Editores
Antes de engadir novas páxinas, lea o seguinte: Wiki en varias linguas.
Comunidade
Documentación
- Lista de tarefas e ideas para documentación de LibreOffice (LibO).
- Lista de tarefas para a documentación de LibreOffice. Para expandir a medida que se vaia creando a documentación pertinente.
Deseño
Equipo de deseño de LibreOffice. Que funcione, e con estilo!
Desenvolvemento
Información sobre como compilar LibreOffice, atopar tarefas que realizar, aprender a empregar o Git para xestionar os repositorios do código fonte, etc.
As peticións de novas funcionalidades e melloras está dividida en dúas páxinas: unha coas máis radicais ou difíciles e outra cos cambios doados (ambas as dúas en inglés).
Nesta páxina (en inglés) atopará información sobre como participar no Google Summer of Code.
Localización
Páxinas relacionadas cos equipos de tradución e localización en xeral do LibreOffice.
Revisión da calidade
A Document Foundation necesita xente que probe o LibreOffice para asegurar que as versións publicadas teñan a máxima calidade posíbel.
Promoción
Para información e material relacionado coa promoción de LibreOffice.
Sitio web
A comunidade de LibreOffice necesita escritores para encher de contido as súas páxinas web.
Distribución e migración
Trátase do LibreOffice a nivel corporativo e de distribución. A distribución adoita implicar tamén unha parte de migración, ou cuestións relativas á compatibilidade con produtos anteriores ou versións anteriores do LibreOffice (“cara atrás”).
Idioma galego
Seguimos as Normas ortográficas e morfolóxicas oficiais do idioma, tal e como se expresan na chamada normativa «de concordia» publicadas pola Real Academia Galega no ano 2005.
Pódese engadir páxinas en galego (ou en calquera idioma) nesta wiki. Siga as seguintes regras para crear páxinas:
- A sintaxe debe ser XX/mypage onde XX é o código ISO do idioma en maiúsculas (GL/miñapaxina para o caso do galego)
- Engada unha categoría para o idioma na súa páxina (GL para o caso do galego)
- Non traduza o título da nova páxina ao traducir o contido. Para obter un título localizado, utilice DISPLAYTITLE: Título da páxina
- Asegúrese de ter creado unha páxina nova e que non traballa sobre a páxina orixinal que vaia traducir.
De aquí a pouco forneceremos unha guía completa de edición, mais para axudarnos a facer desta wiki a ferramenta de utilidade que debe ser: siga as regras!