Notas sobre a versión 4.4 do LibreOffice
TDF LibreOffice Document Liberation Project Community Blogs Weblate Nextcloud Redmine Ask LibreOffice Donate
Cambios no LibreOffice 4.4
Sobre esta páxina
Este é un caderno de notas no que se van apuntando as novidades segundo se van incorporando. Traduce a versión en inglés orixinal, que é na que se realiza ese traballo. Non incorpore novidades ou suxestións aquí. Os cambios introducidos na versión anterior, a 4.3, constan aquí.
Melloras no seguimento dos cambios
- O comportamento predefinido das ordes «Aceptar cambios» e «Rexeitar cambias» foi cambiado para que salte automaticamente ao cambio seguinte. tdf#83953 (Samuel Mehrbrodt)
- Inclusión de botóns novos na barra de ferramentas Cambios, xunto cun conxunto de iconas novas. tdf#83955, tdf#84405 (Yousuf Philips)
Menú despregábel de estilos
- O menú despregábel de estilos ten agora un menú partido para editar ou actualizar o estilo actual tdf#62081 (Szymon Kłos and Samuel Mehrbrodt)
Writer
Calc
Impress e Draw
Texto da vista previo de obxectos of Master View Object Previews
Na visualización do mestre, o texto das vistas previas de obxectos de presentación agora permite só ler. Cambiar o textos destas vistas previas non ten afectado nunca os obxectos baseados nos estilos que se ven nos obxectos de presentación. Para engadir ou agochar un nivel da visualización da numeración de esquema, agora pódese premer na última liña do botón dereito do rato para que apareza un menó para engadir/agochar outro nivel. (Caolan McNamara, RedHat)
Activar e desactivar as viñetas na vista mestre de diapositivas na vista de esquema mediante «Viñetas e numeración» agora alterna realmente entre as viñetas dos estilos de esquema. Anteriormente isto só afectaba a vista previa en si e deixaba os estilos de esquema sen cambios. Agora ten efecto correctamente sobre os niveis de esquema na vista norma. (Caolan McNamara, RedHat)
Transicións de OpenGL
- Realizado e activado para o Windows. (Markus Mohrhard, Collabora)
- Realizado mellorado a partir da nova infraestrutura de OpenGL en vcl para Linux, Windows e macOS. (Markus Mohrhard, Collabora)
Campo de título de páxina
- Un campo novo: Páxina de título en tdf#47302 (Jennifer Liebel) ▸ ▸ .
Contrasinal para editar
- Agora é posíbel gardar un ficheiro de Impress/Draw para que só poda ser lido e requira un contrasinal para modificalo. tdf#63483(Katarína Machálková)
Cor de fondo do texto
- O Draw permite cor de fondo no texto das molduras e lendas. entrada de blogue (Matteo Campanelli, GSoC 2014)
Botón de modo de ampliación
- Creación dun novo botón de modo de aplicación que pode achegar, alonxar e desprazarse co uso de Ctrl e Maiúsculas. tdf#55903 tdf#83572 (Maxim Monastirsky e Yousuf Philips)
Base
Chart
Núcleo
Tipos de letra incluídos
- O LibreOffice 4.4 engade Caladea e Carlito (Huerta Tipográfica), que teñen licenzas ibres. Caladea e Carlito teñen as mesmas métrica e proporcións que os Cambria e Calibri da Microsoft, respectivamente, polo que poden ser empregadas como substitutos inmediatos. (András Tímár, Collabora)
Obxectos de debuxo
É posíbel mover só o punto que hai a carón do rectángulo nos debuxos «textos explicativos» mantendo premida a tecla Maiúsculas. (Matúš Kukan, Collabora)
LibreOfficeKit
- Calc e Impress admiten renderizado en mosaico, que permite un desempeño mellor ao navegar por documentos en dispositivos móbiles. (Andrzej Hunt, GSoC 2014)
Opcións / Xeral
Contido da axuda
- Botón para a páxina de axuda local para Calc en tdf#80453 (Olivier Hallot -EDX) ▸ ▸
- Botón para a páxina de axuda local para Calc en tdf#80338 (Olivier Hallot -EDX) ▸ .
- Entradas de axuda local para diversas funcións de Calc. tdf#80656, tdf#80452, tdf#80451, tdf#80450, tdf#80449, tdf#80447, tdf#80446, tdf#80445, tdf#80444, tdf#80443, tdf#80442, tdf#80440, tdf#80438, tdf#80436, tdf#80433, tdf#80432, tdf#80430 (Olivier Hallot - EDX)
Calidade do código
Coverity
Mellor calidade do código a partir de análises con Coverity.Elaborate!
Refactorización
- Boa parte do código do Writer foi refactorizado, partindo as clases grandes en interfaces máis pequenas. (Valentin Kettner, GSoC 2014)
Filtros
Formatos de ficheiros de multimedia
- Agora é posíbel acceder a un maior número de tipos de ficheiros de multimedia desde tdf#82994 (Daniel Sikeler e Caolán McNamara) ▸ : Real Audio (.ra), Real Media (.rm), Digital Video (.dv), Audio Codec (.ac3), Ogg Opus (.opus), Advanced Systems (.asf), MPEG Audio (.m4a).
Pagemaker da Adobe
- Agora o Draw pode importar ficheiros do PageMaker da Adobe. (Anurag Kanungo, GSoC 2014)
- É posíbel conectar con SharePoint 2010/2013 directamente desde o LibreOffice. entrada de blogue (Mihai Varga, GSoC 2014)
- É posíbel conectar con OneDrive directamente desde o LibreOffice.
entrada de blogue (Mihai Varga, GSoC 2014)
Interface gráfica
Rematou a conversión dos diálogos a WidgetLayout
- LibreOffice 4.0 introduciu unha infraestrutura para construír diálogos e xanelas de interface de usuario co formato .ui baseado en XML de GtkBuilder/Glade. Todos os diálogos e lapelas orixinais (baseados en .src) xa foron convertidos a este novo formato. blog entry (Caolán McNamara, Red Hat; Palenik Mihály, GSoC 2014; Szymon Kłos, GSoC 2014; and moitos máis heroes)
Centro de Inicio
- Agora os modelos aparecen directamente no Centro de Inicio e poden ser escollidos nel. (Efe Gürkan Yalaman, GSoC 2014; e Jan Holesovsky, Collabora)
Cambios na barra lateral
A barra lateral aínda está a recibir moitas melloras procedentes da comunidade de colaboradores sobre o código inicial importado do Symphony:
- Agora actívase por omisión no Writer, ademais de no Impress (no que xa o estaba desde 4.2). Así mesmo, a barra lateral combina tamén as funcionalidades dos antigos paneis «Galería» e «Estilos e Formato», co que se retira moita redundancia da interface gráfica. tdf#73151 (Samuel Mehrbrodt)
- As iconas das lapelas tamén funcionan par alternar que se abra ou fechen as lapelas da barra lateral. tdf#67627 (Thomas Arnhold)
Cambios no menú de contexto
- As accións Cortar, Copiar e Pegar aparecen agora na parte superior do menú de contexto. tdf#71770 (Jeffrey Stedfast - Xamarin)
- Agora o Writer permite acceder directamente ao diálogo Pegado especial desde o menú de contexto, o que xa era posíbel no Calc. tdf#62947 (Babu Vincent)
- As opcións de formato de tipo de letra, tamaño da letra e aliñamento do texto foron retiradas do menú de contexto do Writer: segundo as estatísticas, apenas se empregaban e a súa retirada reduce o lío visual. tdf#81132 (Samuel Mehrbrodt)
- Agora o Writer ten unha opción para cambiar a imaxe seleccionada ao outro gráfico desde o menú de contexto, o que xa era posíbel no Impress e no Draw. tdf#82496 (Jennifer Liebel)
Barra informativa
- O LibreOffice mostra agora unha barra informativa para indicar a visibilidade cando un documento se abre no modo só par ler. Esta barra informativa substitúe a icona «Editar ficheiro» da barra de ferramentas principal, que foi retirada porque a súa denominación e o modo de uso confundían algúns usuarios. A activación e desactivación do modo só para ler tamén está dispoñíbel no menú tdf#80538 (Samuel Mehrbrodt) tdf#80536 (Joren De Cuyper) ▸
Cambios nas lapelas
- As lapelas das follas (Calc) e as das capas (Draw) foron trasladadas a unha fila independente non aparecen máis na barra de desprazamento horizontal de Calc. Dado que moitos estilos visuais en Linux (ademais da configuración por omisión do macOS) empregan barras de desprazamento foi delgadas, estas facían que as lapelas fosen demasiado pequenas para chegar a elas co rato e, o que é máis importante, reducían a súa lexibilidade. tdf#36772 (Tomaž Vajngerl e Samuel Mehrbrodt))
- As lapelas teñen unha aparencia actualizada, máis «chá». (Tomaž Vajngerl)
Temas do Firefox
- Hai un navegador novo para os temas do Firefox con busca e vista previa. (Rachit Gupta, GSoC 2014)
- Os temas do Firefox tamén se aplican agora ás barras de ferramentas do fondo. tdf#59299 (Michael Jaumann, LHM)
Screenshot?
Novo selector de cores
- Mostra as cores empregadas recentemente no documento
- Admite diferentes paletas de cores e o formato de paletas do GIMP .gpl
- Permite abrir directamente un selector de cores e escoller outra cor (Krisztian Pinter, GSoC 2014)
Ampliación de imaxes
- Agora as imaxes son ampliadas correctamente por omisión en Calc e Impress/Draw, como xa o eran no Writer. tdf#83808 (Samuel Mehrbrodt)
Localización
Desempeño
Infrastrutura
Scripts / Base
Extensións
Retirada / obsolescencia de funcionalidades
- Retirouse a funcionalidade para incorporar o LibreOffice nalgúns navegadores web mediante a obsoleta NPAPI (activada na opción ▸ ▸ . (Bryan Quigley)
Cambios no ODF
Cambios na API
- Engadiuse un valor por omisión para o parámetro Contex nos construtores de clases de excepcións de C++ de UNO, o que permite empregar excepcións de UNO con menor cantidade de información. c5d47c327a57df55fa3dac0fff6b65888d0345e4
- Engadíronse construtores extra par as clases de excepción de Java de UNO que toman o parámetro «Throwable cause», o que permite almacenar a causa orixinal ao tirar de novo as excepcións. 83636d2c09802aeeb1b30078022d228d04da21eb
Limpeza de macros de OSL
- Retirouse
SAL_THROW
06b63d3d83616e2abbd6f5ec93e1596988e455c2
IReference e ReferenceObject
0c6c66b64a9572a8e474f6dfdedcbebfe54758af
ReferenceObject
eninclude/salhelper/refobj.hxx
xa non estendeIReference
.IReference
foi retirado deinclude/rtl/ref.hxx
, e non se usa máis.
Cambios da API de UNO
As interfaces e servizos de UNO seguintes foron cambiados:
com.sun.star.xml.sax.XFastTokenHandler
879bfcbf84fc7b73b5475d3f02e98184a2065dc5
Retiradas da API de UNO
As interfaces e servizos de UNO seguintes foron retiradas da API:
Compatibilidade entre plataformas
macOS
LibreOffice 4.4 requires macOS 10.8 ou posterior. Os paquetes binarios fornecidos son só para 64 bits.