Tradución do LibreOffice

From The Document Foundation Wiki
Jump to: navigation, search

O proceso de tradución do LibreOffice é bastante claro. A maneira de traballo suxerida é empregar Pootle (o noso portal de tradución na rede). O único que se precisa para localizar empregando este método é un navegador e unha conexión á Internet. Se prefire traballar fóra da rede, tamén é posíbel - mire embaixo.

Prazos

Consulte o Plan de publicación. O plan de publicación mostra as datas nas que se etiqueta o código fonte como beta, RC ou publicación. O prazo de tradución é sempre de dous días antes da data de etiquetaxe anunciada.

Pootle

TDF Pootle contén sempre cadeas localizadas actualizadas. Os administradores do Pootle actualízano con bastante frecuencia.

Na parte dereita da páxina principal do Pootle hai unha lista de proxectos (módulos), que son os que se poden traducir agora. Os seus nomes explícanse por si mesmos. Para localizar o LibreOffice hai que traballar en proxectos chamados LibreOffice x.x.x – UI e LibreOffice x.x.x – Help. En xeral, para quen comece o que é máis obvio é traballar na versión que teña o número máis alto, mais se se desexa arranxar algún erro de L10n na versión actual do LibO tamén se pode facer iso nas gallas máis antigas.

Se prefire traducir fóra da rede pode descargar arquivos ZIP completos ou parciais cos ficheiros PO (ou só os ficheiros PO separados) desde Pootle e empregar a(s) ferramenta(s) de tradución preferidas para traballar neles. As ligazóns correspondentes atópanse nas lapelas Traducir e Revisar da combinación de idioma/proxecto desexada. Asumindo que se teñen os dereitos adecuados para un idioma, deberíanse poder remitir os ficheiros PO ou ZIP en calquera momento (no caso dos ZIP hai que comprobar que a estrutura inicial do directorio ficase intacta).

Verá que hai algúns modos máis dispoñíbeis no Pootle. Velaquí unha explicación rápida:

  • Terminology: este é un módulo de axuda para o Pootle que facilita algo a tradución. Se o módulo Terminology estiver presente e non baleiro no seu idioma, Pootle mostra suxestións para os termos que existan no ficheiro Terminology cando se atopen ao traducir outros módulos.
  • Website: este pequeno módulo contén algúns dos ficheiros de localización do sistema de xestión de contido (CMS) no que se executa o sitio web do LibreOffice. Este módulo é realmente pequeno porque a maioría do CMS está a ser localizado noutro sitio.
  • Askbot: este proxecto montouse para permitir a localización do software de control de calidade Askbot (algo semellante a StackOverflow). Askbot é un produto dunha terceira parte mais, dado que pensamos utilizalo, montamos este proxecto para axudar a que reciba máis localizacións.

Ficheiros POT e PO

Os ficheiros POT máis recentes extraídos da fonte estarán sempre aquí:

Os ficheiros PO de cada idioma almacénanse no repositorio de código fonte no módulo chamado «translations». Este módulo é mantido por Andras Timar, que obtén as traducións do Pootle (ou fontes alternativas) antes de cada publicación e os remite a.

Suxestións

  • Animámoslle a subscribirse á lista de correo l10n@global.libreoffice.org. Alén de ser un canal de axuda para os localizadores, tamén é o medio polo que se anuncia información importante para os tradutores (como actualizacións de cadeas e prazos). Tamén se lle pode preguntar a 'timar' ou 'RQ' en irc.freenode.net na canle #libreoffice-dev.

Outros aspectos da localización

Trátanse máis aspectos da localización do LibreOffice na Guía de localización do LibreOffice.